A Baña, 29 de decembro do 2018 – A música tradicional galega volverá a ser a protagonista esta tarde na Baña coa na Troula de Nadal.
A ACM Os Campantes e o concello poñen un ano máis en marcha a Troula de Nadal na que participan os grupos de música tradicional do municipio e arredores.
A Troula comezará ás 20.30 horas nas Escolas Vellas da Baña nun concerto no que participarán integrantes da Escola de Música Tradicional da Baña, as Pandereteiras da Baña, Escola do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia, de Santiago; as Dedaleiras de Sarandón (Vedra), Vai de Roda, de Rianxo, e Sarillo de Aiazo (Trazo).