Trouleando propón unha actividade de rafting polo río Ulla

0

Ames, 7 de abril do 2021 – A Concellaría de Mocidade do concello de Ames ten programada unha actividade de rafting dentro do programa Trouleando, dirixida a mozos a partir de 12 anos.

A cita será o vindeiro 24 de abril. O prazo para inscribirse nesta actividade de rafting estará aberto do 7 ata o 16 de abril. Para inscribirse hai que enviar a ficha cuberta ao enderezo omix@concellodeames.gal. As prazas, que son limitadas, cubriranse por orde de chegada das inscricións. Esta actividade é de balde e está organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil.

Con esta actividade o programa trouleando ponse de novo en marcha. Durante o primeiro trimestre deste ano paralizouse debido ás restricións aprobadas pola Xunta de Galicia para tratar de facer fronte á pandemia da Covid-19. Deste xeito, para este mes de abril proponse unha actividade que conxuga diversión, deporte e aventura, para gozar dunha xornada diferente e saír da rutina semanal.

O rafting é un dos deportes acuáticos máis emocionantes para as persoas que queren descargar adrenalina e pasar unhas horas de diversión. Descenderase o Ulla, un dos ríos de interior máis emblemáticos para vivir esta aventura, no tramo entre Carcacía e Herbón (Padrón), facendo un percorrido que atravesa bosques de ribeira con carballos, ameneiros e salgueiros. Os/as participantes descenderán nunha gran balsa río abaixo, entre correntes e rápidos, remando en equipo para esquivar rochas e saltos de auga ata chegar a augas tranquilas onde gozar da beleza natural da contorna do río.

A actividade terá lugar o sábado 24 de abril. Sairase en autobús dende o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, ás 15.00h, e da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 15.15 horas. O regreso efectuarase nas mesmas paradas, chegando O Milladoiro arredor das 21.00h e a Bertamiráns ás 21.15 horas aproximadamente. Os/as participantes menores deben ser recollidos na parada polos pais/nais/titores-as ou representantes legais.

A concelleira de Mocidade, Escarlata Pampín, explica que “nesta ocasión optouse por unha actividade de deporte de aventura dentro do programa Trouleando. Deste xeito, retómanse as actividades deste programa neste 2021. Como nos meses anteriores esta actividade realizarase ao aire libre para cumprir todas as medidas fonte á Covid-19. Animamos aos mozos e mozas de Ames a que se inscriban nesta nova actividade de rafting da que seguro van a desfrutar”.

Para esta actividade contarás con todo o material necesario (neopreno, casco, chaleco salvavidas e material de seguridade). Recorda vir equipado/a con traxe de baño, toalla, máscaras, zapatillas deportivas para mollar, crema solar e roupa e calzado de reposto para despois da actividade.

Será preciso contar cun mínimo de 15 mozos/as para desenvolver esta actividade, en caso contrario, o Concello de Ames, poderá anular a actividade. Calquera dúbida contacta coa OMIX no teléfono 616083229 ou no correo electrónico omix@concellodeames.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial