займ срочно

Última xornada en Sabucedo coa Rapa Solidaria

0

A Estrada, 10 de xullo do 2017 – Despois de 4 días intensos a aldea de Sabucedo pecha a Rapa 2017 co curro solidario dedicado a Fundación Amigos de Galicia.

Desde o xoves que comezaba a Rapa 2017 coa homenaxe aos aloitadores e colaboradores a pequena aldea de Sabucedo vive os días máis importantes do ano. Máis de 180 xornalistas acreditados de países como Arxentina, Portugal ou Xapón, e por suposto de toda España, dan idea da importancia dunha festa declarada de Interés  Turístico Internacional hai 10 anos.

A Rapa 2017 remata hoxe co chamado Curro Solidario no que o recadado vai a parar a unha boa causa, este ano a Fundación Amigos de Galicia.

A Fundación Amigos de Galicia é unha entidade comprometida con Galicia e, dunha maneira especial, cos máis necesitados da nosa Sociedade.

A Fundación Amigos de Galicia atende cada ano máis de 20.000 menores e rapaces novos que precisan algún tipo de axuda para integrarse na sociedade e no terreo educativo e laboral.

A Fundación ten unha preocupación especial polo paro xuvenil que a levou a crear a Axencia de Colocación autorizada pola Xunta de Galicia, para aumentar as ofertas e a profesionalidade tanto na nosa terra como a nivel mundial, pois as redes permítennos facer uso destes medios.

Unha boa oportunidade de combinar solidariedade, tradición e espectáculo, tedes máis información na web da Rapa

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies