займ срочно

Último pleno do ano en Ames

0

Ames, 29 de decembro do 2018 – O último pleno do ano en Ames aprobou a cesión dun terreo para a ampliación do colexio Agro do Muiño e o regulamento da Escola de música.

O pleno ordinario de decembro aprobou por unanimidade a posta a disposición da Xunta de Galicia do terreo necesario para ampliar o CEIP Agro do Muíño. O novo espazo permitirá dotar ao colexio con 6 novas aulas, para grupos de educación primaria, coas que este colexio pasará a ter unha liña máis. Tras este trámite, a Consellería de Educación ten que elaborar o proxecto, licitar o expediente de contratación e executar as obras. Para esta ampliación a Xunta ten reservada unha partida de 500.000 euros.

Regulamento da Escola municipal de música

Tamén se aprobou, de xeito inicial, o regulamento da Escola municipal de música de Ames, que foi sometido a exposición pública durante 30 días hábiles, rematados o pasado 15 de novembro, co obxectivo de que a veciñanza puidese facer as achegas que estimase oportuno. O regulamento recolle a organización da Escola de Música, os recursos humanos e materiais, así como o funcionamento e réxime interior. Este punto saíu adiante co voto a favor dos membros do goberno e mailos concelleiros/as de Ames Novo, mentres que os/as edís do Partido Popular e de Pacto por Ames votaron en contra.

Críticas do Partido Popular

O Partido Popular emitiu despois do pleno un comunicado sobre este punto en concreto. Os populares critican en particular que o concelleiro de educación poderá nomear ao director de xeito directo. Tamén insisten en que non conta nin cun estudio curricular “imprescindible para levar a cabo un proxecto pedagóxico/educativo cuns mínimos parámetros que garantan unha calidade axeitada” nin cun estudio económico que dea solidez. Finalmente lembran que o 11 de setembro pediron información sobre o número de sentenzas en contra do concello, importe das indemnizacións e configuración da plantilla da escola sen que polo momento recibisen resposta.

Ordenanzas do cemiterio municipal

Por outra banda, aprobouse por unanimidade a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola actividade administrativa do cemiterio municipal, que entrou en vigor o pasado 7 de decembro de 2017. Tras os primeiros meses de aplicación desta ordenanza fiscal, considérase preciso modificala nos aspectos referidos ao artigo 7b, sobre o permiso de apertura; o 7c na referencia ao concepto de retirada de restos “sen apertura”; e o artigo 7e da cota tributaria para o servizo de conservación e vixilancia dos columbarios. Ademais, ao tratarse dun servizo novo e ao existir poucas concesións no mesmo, considérase axeitado eliminar a cotra tributaria sobre o permiso de apertura de toda clase de sepultura por inhumacións ou exhumacións recollido no artigo 7b.

Tamén se aprobou por unanimidade a primeira modificación da ordenanza reguladora do prezo público polos servizos funerarios do cemiterio municipal. A través de dita modificación eliminaríase os servizos recollidos no artigo 5.1 a), servizos de apertura e peche de sepultura especial que ascende a 162,72 euros; e os recollidos no 5.1 b), sobre o servizo de apertura a osario e peche de sepultura especial, de 189,28 euros.

Proposta sobre o financiamento das Entidades locais

Por último, abordarase unha proposta do PSdeG sobre a política do Goberno galego en relación do financiamento das Entidades locais. Este punto saíu adiante co voto a favor dos membros do goberno e mailos concelleiros/as de Ames Novo, mentres que os/as edís do Partido Popular e de Pacto por Ames votaron en contra.

En dita proposta recóllese instar ao Goberno galego a regular, mediante unha Lei autonómica consensuada coa FEGAMP, o financiamento dos concellos galegos; establecer as partidas non finalistas dentro do capítulo de transferencias totais da Xunta de Galicia con destino á entidades locais, así como de determinadas subvencións que os concellos perciben anualmente de xeito recorrente coa conseguinte modificación da porcentaxe de participación, coa finalidade de integralas no Fondo de Cooperación Local.

Tamén se recolle crear un fondo específico anual formando polas transferencias non executadas no Orzamento da Xunta de Galicia con destino ás entidades locais; fixar os criterios que rexan o reparto das subvencións da Comunidade Autónoma a favor das entidades locais, obxectivos e consensuado coa FEGAMP, e que garantan a igualdade de acceso para todas elas cunha convocatoria pública á que concorreran todos os concellos en igualdade de oportunidades; e implantar un acordo para que o Canón da Auga se reparta con criterios de igualdade de reparto, onde as entidades locais poidan recibir en investimentos o 50% das recadacións que se levan en cada concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies