Un ano máis o queixo foi o protagonista en Arzúa

0

Arzúa, 11 de marzo do 2019 – Máis de 30.000 persoas pasaron por Arzúa na 44º edición da Festa do Queixo, un éxito de público non só no domingo se non tamén ao longo dos tres días de actividades.

EFA Piñeiral

Unha edición máis, o centro de formación e promoción rural Efa Piñeral colaborou activamente na Festa do Queixo de Arzúa. Nas instalacións do centro desenvolvéronse accións formativas destinadas a poñer en valor, promover sinerxias entre os profesionais e afondar no coñecemento das riquezas que o protagonista da Festa, o queixo Arzúa-Ulloa, posúe. 

O centro de formación profesional tamén estivo presente nas dúas xornadas da propia Festa do Queixo no recinto feiral ofrecendo degustación, venda e demostración de pastelaría creativa a cargo do alumnado do ciclo de panadaría,repostaría e confeitaría. No recinto feiral exhibiuse a tarta réplica do cartel anunciador desta 44 edición da Festa, que como cada ano realiza o alumnado do ciclo de panadaría, repostaría e confeitaría.

Un sábado para encher a Feira

Especialmente destacable foi a afluencia do sábado ao recinto feiral moito máis concorrido que en anteriores edicións, ata o punto de que algunhas queixerías víronse obrigadas a repoñer xénero o propio

sábado. Por outra banda, os obradoiros, degustacións, actuacións musicais e exposicións do mapa de Galicia en queixo, monumento homenaxe ao queixo, e concurso de carteis, superaron todas as expectativas de público.

Este día os concertos foron o prato forte da programación. As actuacións dos finalistas do Queixo Maquetón, Inerttes, e Los secretos que converteron por momentos o concerto, nun inmenso karaoke colectivo. Para rematar, os Heredeiros da Crus, para os que tampouco pasa o tempo e sempre cun punto de humor irreverente e ceibe ata o punto de que conseguiron facer subir ao propio alcalde arzuán, pouco dado aos baños de masas, a saudar desde o escenario a tod@s os presentes. A enerxía acumulada foi aproveitada polas mezclas de Rafa Morcego DJ, que mantivo aos máis festivaleiros bailando ata o peche do Campo da feira.

Un domingo perfecto

As actividades do domingo reuniron a cerca de 30 familias disfrutando das didácticas e rockeiras cancións de Puño e Puñete na capela da Madanela. A continuación a sesión vermouth levada a cabo por Broken Peach, que cun impecable espectáculo a cabalo entre o rock e o disco, fixeron un percorrido por máis de 30 anos de música de baile coa participación de maiores e pequenos. Foi tal a conexión co público, que o concerto rematou cos sete integrantes baixando do escenario a bailar cos asistentes, que case enchían de novo o recinto. Estas actividades dan por cumprido con nota o obxectivo da organización de involucrar aos máis novos e facelos partícipes.

O Recinto Feiral pechou ás 18.30 h cando xa soaban Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, anticipando un peche de festa moi agardado, coa actuación de SES. Nunha primeira valoración os queixeiros/as e o sector hostaleiro amósanse máis que satisfeitos polas vendas e pola afluencia de público, tanto no Recinto Feiral como nos establecementos da vila.

Heredeiros da Crus

Xabier Díaz

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial