Un bólido luminoso foi avistado na zona de Ordes

0

Ordes, 12 de febreiro do 2019 – A última hora da tarde de onte un bólido luminoso foi avistado na zona de Ordes atravesando o ceo en dirección Cesuras.

Según declaracións dos veciños foi moi repentino e “como si alguén sacara unha foto con flash desde o alto”. Postos en contacto con José Ángel Docobo, director do Observatorio Ramón María Aller da USC. confirmou o avistamento do bólido.

Imaxe dun bólido en Rusia, atribución: https://www.flickr.com/photos/alexeya/8475569087

O bólido foi visible desde o occidente de Asturias e na provincia da Coruña. A dirección que seguiu foi Norte Noreste. Según Docobo podería ser restos dun meteoroide que entrara na atmosfera. Os meteoroides son partes de meteoritos, de 100 ata 1.000 kilogramos de peso que orbitan en torno ao sol. Cando algún resto de estes meteoroides chega a terra é o que se coñece como meteorito.

Os responsables do Observatorio poñeranse en contacto con outros especialistas para intentar determinar de xeito máis preciso a traxectoria e calcular o posible lugar do impacto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial