Un curso da USC analizará as novas finanzas no mundo dixital

0

Compostela, 14 de xuño do 2018 –  A Universidade de Verán 2018 ofrece un curso sobre as novas finanzas no mundo dixital os días 4 e 5 de xullo na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Santiago). A matrícula pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 23 de xuño.

O curso, dirixido por Loreto Fernández Fernández, ten como obxectivo analizar as grandes transformación que está a experimentar as finanzas no mundo dixital tras a chegada da rede a nivel global. A innovación converteuse nunha variable clave das novas estratexias do sector, ao que chegan novos competidores (fintech, bigtech e neobanks) e o incremento de clientes é exponencial.

Este curso de verán está dirixido a estudantes universitarios de calquera titulación, docentes, profesionais da industria financeira e ao público en xeral. Os contidos incluídos no curso tratan as perspectivas xerais da tecnoloxía financeira nos mercados, a banca no século XXI, a ciberseguridade na operativa financeira e o fraude, as novas claves estratéxicas no sector financeiro, os retos do proceso de innovación tecnolóxica nunha entidade financeira, os novos requisitos na arquitectura tecnolóxica, a banca móbil e os requerimentos xurídicos no marco da dixitalización, entre outros temas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies