займ срочно

Un dos Patróns da Fundación Neira Vilas, Fernando Redondo, gaña o Ramón Piñeiro de ensaio 2018

0

Compostela, 22 de decembro do 2018 – O profesor, xornalista e investigador galego Fernando Redondo, nado en Boqueixón, fíxose coa XVIII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio.

O Ramón Piñeiro é un galardón que convocan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa. Ramón Piñeiro o consigue pola obra Os amorodos de Bergman. O premio está dotado con 3000 euros e coa publicación do traballo por Galaxia no vindeiro ano.

valentin garcia sauda o xurado da XIX edicion do premio ramon piñeiro

O autor é Licenciado en Ciencias da Comunicación pola Euskal Herriko Unibertsitatea e doutor pola Universidade de Santiago de Compostela;  membro da Asociación Española de Historiadores do Cinema, da Asociación Galega de Investigadores da Comunicación e do Padroado da Fundación Xosé Neira Vilas. É autor do libro Carlos Velo. Itinerarios do documental nos anos trinta (2004) e coordinador do volume Cidadanía e documental. Recibiu este mesmo ano o Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela, concedido pola Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, polo artigo Derivas e encrucilladas no novo cinema galego, publicado na revista Tempos Novos.

En palabras do xurado o texto premiado “amosa unha ollada do universo do cinema feita a partir dunha experiencia galega, a Asociación dos Amigos do Campo que, nas primeiras décadas do s. XX, recolleu no celuloide, paisaxes e momentos de socialización coa descuberta da natureza como contexto. O traballo sitúase no momento en que Galicia se abría ao Modernismo. Daquela, ten valor histórico, antropolóxico, semiótico, artístico e memorialístico desde unha posición filosófica e tecnolóxica que sitúa a Galicia nos albores da Historia universal da cinematografía”. Integrárono Luís Alonso Girgado, Carme Adán, Patricia Arias Chachero, María Xosé Porteiro e Carlos Lema (este último, como secretario con voz e voto).

Desde a súa creación, no ano 2000, o Premio de Ensaio Ramón Piñeiro conta cun total de 18 autores e obras premiadas: Basilio Lourenço Fondevila (A submisión das masas. Do poder do progreso ao progreso do poder); Anxo A. Rei Ballesteros, (Tempo e vinganza); Xosé Luís Barreiro Rivas (A terra quere pobo); Teresa Moure (Outro idioma é posible), Rebeca Baceiredo (O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo), Ramón Area Carracedo e Alexandre García-Caballero (Psicopatoloxía do retorno), María López Sández (Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio), Xosé Ramón Quintana Garrido (Un longo e tortuoso camiño), Manuel Pérez Rúa (Domingos de calcetíns brancos. Retrato do cambio social na xeración de 1950), Ramón Máiz (A arte do imposible), Teresa Moure (Queer-emos un mundo novo), Xaime Subiela (Para que nos serve Galiza?), José María Durán Medraño (Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer nun diálogo con Karl Marx), Luís García Soto (Barthes filósofo), Santiago Lamas e Alfonso Mato (De camiños, viaxeiros e camiñantes. Peregrinos de Nós ao cabo do mundo), Rafael Quintía Pereira (Mariña, de deusa a santa. A advocación de Santa Mariña na cristianización da Gallaecia) e Xosé Constenla (O colapso territorial en Galiza. Unha lectura dende o espazo da construción social do país’).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies