Un mes e Pico comeza en Boqueixón cunha visita teatralizada e a Romaría de Maio

0

Boqueixón, 26 de maio do 2018 – O programa Un mes e Pico, Ciclo da Mitoloxía e Sacralidade do Pico Sacro, que se estenderán ata o 29 de xuño, iniciará as súas actividades mañá domingo cunha xornada na que se mesturarán tradición, lendas e cultura coincidindo coa Romaría de maio.

Pola mañá celebrarase a tradicional Romaría do Pico, organizada pola comisión de festas de A Granxa en colaboración co Concello de Boqueixón. Haberá misas na Capela de San Sebastián dende as 10.00 ata as 13.00 horas. A música correrá a cargo do grupo de gaitas Pena do Corvo. Tamén haberá servizo de pulpeiro do Carballiño e postos de doces típicos.

O prato forte desta xornada do coñecido como Pico de Maio chegará pola tarde, a partires das 17.30 horas coa visita teatralizada titulada A resurrección da Raíña Lupa. Translatio do corpo do Apóstolo. Para esta actividade xa están inscritas preto dun cento de persoas interesadas en descubrir dun xeito diferente as lendas en torno ao Pico Sacro.

Os actores Suso Martínez e Belén Espiñeira serán os protagonistas desta actividade na que representarán ao discípulo do Apóstolo, Atanasio, e á Raíña Lupa. Atanasio relatará a historia da Translatio recollida no Libro III do Códice Calixtino, Liber de translatione corporis sancti Jacobi ad Compostellam, rematando coa conversión ao Cristianismo da Raíña Lupa por Atanasio ante a gruta Este do Pico Sacro. Un percorrido no que non faltarán as sorpresas.

O alcalde do Concello de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, anima á veciñanza e visitantes a achegarse este domingo 27 ao cumio do Pico Sacro para gozar desta iniciativa. “Será un percorrido diferente que permitirá achegar aos participantes máis detalles sobre a lenda da Raíña Lupa e sobre a mitoloxía en torno a este enclave único”, conclúe.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial