Un mes e pico no Pico Sacro

0

Boqueixón, 20 de maio do 2018 – O concello de Boqueixón presentou o ciclo de actividades Un mes e pico que acollerá, en torno ao Pico Sacro, actividades de todo tipo ata o 29 de xuño.

Un mes e pico continúa coa labor de poñer en valor o monte sagrado que forma parte da lenda da Traslatio recollida no Codice Calixtino. na presentación realizada ao carón da Capela de San Sebastián, no mesmo pico, o alcalde Manuel Fernández Munín fala de algunhas de esas actividades

A continuación era a escritora Elena Gallego a que lembraba a importancia do Pico Sacro na súa obra Dragal, que serviu de base para distintas actividades con escolares, e falaba da necesidade de seguir dando a coñecer o monte

Un dos apaixonados do Pico e o Secretario Xeral de Política Lingüística Valentín García que destacaba o papel de guía visual do monte para todos os que chegan a Compostela

Para rematar a presentación o Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, quixo agradecer todo o traballo levado a cabo polo equipo de goberno  para seguir mellorando o entorno e seguir poñendo en valor o Pico

Programa completo

O ciclo Un mes e Pico ofrece unha decena de actividades, que comezaron esta mesma semana coa instalación da mostra O Pico Sacro no Códice Calixtino, “que xa se pode visitar na Casa do Concello”, tal e como indicou Manuel Fernández Munín. “Esta mostra poderase visitar de balde ata o próximo 29 de xuño”, detallou o rexedor boqueixonés.

A seguinte cita será o 27 de maio pola mañá coa tradicional Romería do Pico de Maio. Ese mesmo día, ás 17.30 horas, Suso Martínez e Belén Espiñeira ofrecerán no Pico Sacro a visita teatralizada titulada A resurrección da Raíña Lupa. Translatio do corpo do Apóstolo.

O día 2 de xuño presentarase na Capela de San Sebastián o audiovisual Raíña Lupa. Esta actividade desenvolverase a partires das 19.00 horas.

Sete días máis tarde, o antropólogo, escritor, documentalista e investigador, Rafael Quintía, ofrecerá a conferencia O mito dos mouros e da Moura e a súa relación co Pico Sacro. Terá lugar o 9 de xuño ás 20.00 horas na Capela de San Sebastián.

Contando coa colaboración do Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller, ofrecerase o día 16 de xuño ás 23.00 horas un Taller de Observación de Estrelas. Ao día seguinte, ás 13.00 horas, terá lugar a Cerimonia do Lume Sagrado, tamén no Pico Sacro.

Esta representación trasladarase a Santiago de Compostela o día 22 de xuño ás 22.30 horas coa Ofrenda do Lume Sagrado. A comitiva da Raíña celta Alda sairá da Alameda compostelá para dirixirse, atravesando o casco histórico, á Praza de Mazarelos onde se realizará esta cerimonia. A continuación un video de esta ceremonia na súa primeira edición, no 2017.

 

Ao día seguinte, ás 20.00 horas, abriranse as portas da Capela de San Sebastián para todas aquelas persoas que queiran participar na Entrega do Lume Sagrado. Poderán tamén recoller cadanseu lume para prender despois as súas fogueiras na máxica noite de San Xoán.

O ciclo Un mes e Pico finalizará nesta mesma capela coa conferencia de Xosé Manuel Lobato titulada De mouros, oestrinios, romanos e outros e un recital de piano a cargo de Sofía Silva Carbajales. Esta última cita terá lugar o día 29 de xuño ás 20.00 horas.

Todas as actividades son de balde, previa inscrición no Departamento de Turismo. Poderanse realizar a través do teléfono 981 513 061 ou do e-mail boqueixonturismo@gmail.com.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies