Un verso. Un cantar no Campo da Festa de Lestedo

0

Bisbarra, 3 de setembro do 2020 – O Campo da Feira de Lestedo acollerá o vindeiro sábado 12 de setembro ás 20.00 horas o espectáculo Un verso. Un cantar.

Un Verso. Un cantar é unha proposta do dúo Queiman e Pousa que rememora a figura de Antón Fraguas. Está promovida polos concellos de Boqueixón e Vedra co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e terá entrada de balde, pero aforo limitado.

Un verso. Un cantar no Campo da Festa de LestedoAs persoas interesadas teñen que inscribirse nun formulario web que atoparán aquí. Para máis información ou para aclarar dúbidas, pódese chamar ao 981 513 061 (Concello de Boqueixón) ou ao 981 814 691 (Concello de Vedra).

Dende ambos os dous municipios lémbrase a importancia desenvolver estas actividades respectando todas as medidas hixiénico-sanitarias de prevención contra a COVID-19. Por iso, será obrigatorio o uso de máscaras en toda a actividade, así como o mantemento da distancia de seguridade interpersoal e terán á súa disposición xeles hidroalcohólicos.

Compromiso coa cultura galega

Un verso. Un cantar é un espectáculo ambientado no século XX onde, segundo explican dende a compañía Queiman e Pousa, “poesía e canción van da man”, nunha orixinal homenaxe á Emigración Galega. A través de distintas expresións artísticas ofrécese ao público un amplo abano de posibilidades lendo a creadores tan recoñecidos como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou Xosé Neira Vilas.

Teatro, canto e música fusiónanse nesta proposta que supón un firme compromiso coa cultura galega. Ao mesmo tempo, o espectáculo proponse como algo “próximo tanto polo sentimento que agocha tras cada verba ou nota, como pola novidade e amplitude de público que abrangue”, amosando a identidade da cultura galega a través dos seus escritores e, deste xeito, lembrar aos galegos e ás galegas que cruzaron o Atlántico deixando a súa terra atrás na procura dun futuro mellor.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial