Unha das balsas da mina de Touro volve a desbordar

0

Touro, 17 de decembro do 2018 – A Asociación Aldea Viva volve a denunciar que a empresa mineira de Touro segue baleirando auga das balsas no río.

En Lindeiros temos publicado os problemas que sofren en Touro ríos como o Portapego ou o Lañas; agora os veciños denuncian que unha das balsas da mina en Bama está desbordando no río Brandelos, uyn dos afluentes do Ulla. A Asociación Aldea Viva denuncia de novo que Explotaciones Gallegas segue realizando vertidos sen autorización.

Hai menos dun ano que a empresa mineira era sancionada´con 20.000 euros de multa por unha acción similar. En aquela ocasión a explicación dada pola empresa foi a chuvia.

En este novo caso de contaminación a asociación veciñal comprobou que non existía autorización de Augas de Galicia para realizar estes vertidos mesmo parece que Explotaciones Gallegas segue a traballar do mesmo xeito o que, como é lóxico, xera as mesmas consecuencias.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial