Unha exposición sobre arte relixiosa contemporánea centra os actos culturais na Semana Santa en Arzúa

0

Arzúa, 11 de abril do 2019 – O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para a Semana Santa unha exposición de Arte Relixiosa Contemporánea que permanecerá na Capela da Madanela do 12 ao 20 deste mes.

Esta mostra presentouse na Semana Santa de Ferrol 2018 no Museo da Construción Naval,  o máis imporante museo desta temática de España. No pasado verán a mostra permaneceu no espazo cultural do Mosteiro de San Martiño Pinario, o monumento máis importante de Santiago de Compostela despois da Catedral.

Agora, esta colección colectiva e multidisciplinar inaugúrase en Arzúa este venres, 12 de abril, nun acto aberto ao público que se celebrará na Capela da Madanela a partir das 19:30 e que contará cunha degustación gratuíta de queixo Arzúa-Ulloa e coa presenza de varios dos artistas participantes e da coordinadora do proxecto, Cristina Carballedo.

A exposición tamén abrirá as súas portas os días 13, 15, 16, 17 e 20 de abril en horario de 17:30 a 20:30 con visitas guiadas de balde ás 18:00 e ás 19:30h.

Nela poderemos ver a representación  de Jesús por Alberto Gulias, Mater Humildisima de Isabel Alonso, a crucifixión de Francisco Pazos ou o Cristo dos navegantes de Carlos Barcón. Tamén participan Corín Cervera, as fotografías da Semana Santa de Ferrol de Roberto Marín, Tino Canicoba, Oscar Aldonza, Alvaro de la Vega e Miguel Anxo Macía, entre outros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial