займ срочно

Unha intermodal adaptada para cegos e persoas con limitación visual

0

Compostela, 6 de abril do 2021 – A Xunta abordou coa Fundación ONCE a adaptación da estación intermodal de Santiago ás necesidades de persoas con cegueira ou con limitación visual.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visitou as instalacións da intermodal co director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González, e o presidente do Consello Territorial da ONCE en Galicia, Carlos Fernández, ademais doutros representantes da entidade.

Os representantes da Fundación ONCE constataron o traballo executado para facer accesibles estas instalacións e facilitar a súa utilización por parte de persoas cegas ou con limitacións de visión.

Neste sentido, a terminal dispón de percorridos podotáctiles co obxectivo de favorecer a mobilidade deste colectivo, encamiñándoos polos diferentes elementos que conforman o complexo, para garantir así o seu acceso ao transporte público.

Xunto con isto, os carteis informativos instalados na estación de autobuses e na súa contorna tamén recollen a información en braille. Ademais, os ascensores da intermodal están adaptados para seren utilizados por persoas con cegueira ou limitación de visión.

O deseño da nova infraestrutura incluíu as características necesarias para facilitar os desprazamentos das persoas con necesidades especiais. Para isto, dispuxéronse ascensores nos accesos desde o edificio de viaxeiros ata as dársenas ou unha rampla exterior urbana para a conexión das estacións de autobuses e de tren, e destas coa cidade.

Na execución da estación de autobuses tamén se tiveron en conta, ademais, as necesidades especiais de diferentes colectivos, por exemplo, coa disposición de baños para usuarios ostomizados.

Os representantes da Fundación ONCE puideron coñecer o novo edificio da estación de autobuses, de 2 andares, cun total de 36 dársenas e unha superficie que supera os 13.000 metros cadrados.

Na visita tamén se realizou un percorrido pola pasarela, cuxas obras remataron a semana pasada, culminando así a Xunta a primeira fase da estación intermodal de Santiago.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies