Unha manifestación reclama en Ordes aire, auga e terras limpas

0

Ordes, 1 de outubro do 2018 – Ao redor de medio milleiro de persoas xuntáronse en Ordes para reclamar nunha manifestación aire, auga e terra limpas para a comarca.

A concentración estivo convocada pola Coordinadora contra a Implantación de Parques Eólicos na Comarca de Ordes, a Asociación de Afectados polo Vertedoiro de Lesta, a Comisión de Seguimento da Minería e Defensa do Rural Mesía-Frades, e a Asociación A Picota de Trazo. A manifestación partiu as doce do mediodía do Parque da Alameda de Ordes.

Na mobilización estiveron presentes representantes de diferentes grupos municipais da comarca de Ordes pertencentes ao PP, ao PSOE e ao BNG e independentes, así como deputados no Parlamento Galego, como Antón Sánchez (En Marea), Xosé Luis Rivas Cruz (BNG) ou Paula Quinteiro (En Marea), a deputada no Parlamento Europeo Lïdia Senra (GUE/NGL), e tamén o responsable da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), Fins Eirexas, representantes do Sindicato Labrego Galego (SLG),  o alcalde de Teo, concelleiros de Santiago como Jorge Duarte e membros de numerosas asociacións da comarca e arredores e a nivel galego como Asociación Cultural Amigos da Capela de Arxán, Asociación de Comerciantes de Ordes, Casino 1889, Asociación Senda Nova de Carballo, Asociación Petón do Lobo, Lacrar de Carral, Plataforma pola Defensa de Corcoeste e Bergantiños, Plataforma MIna de Touro-O Pino Non, Platforma de Afectados pola destilería de Contimunde (Rois), Plataforma pola recuperaicón do río Sar, Plataforma Casalonga Limpa de residuos, Plataforma contra o vertedoiro de Grixoa.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial