Unha noite para descubrir Compostela

0

Compostela, 8 de setembro do 2020 – A Noite do Patrimonio chegara a Compostela o próximo día 12 coincidindo coa Semana do Patrimonio Invisible.

A Noite do Patrimonio é unha das actividades impulsadas desde o Grupo de Cidades Patrimonio da UNESCO de España. Terá lugar o próximo día 12 e consistirá cunha serie de visitas guiadas aos obradoiros de artesáns, o Taller SAR, Noroeste Obradoiro e mais o obradoiro de Susi Gesto Ourive, onde os artesáns explicarán os seus procesos de traballo. Haberá tamén unha visita guiada ao Colexio dos Irlandeses e un itinerario teatralizado, centrado na figura do arquitecto Domingo de Andrade, dirixido un público familiar.

A Noite péchase coa estrea absoluta da obra de danza ‘Conjurando lo invisible’ de Aïda Colmenero, ás 20.30 horas no Museo do Pobo Galego; unha proposta na que a artista, acompañada de cantos populares galegos, conxura e reza con aquilo que non se ve, o invisible, as voces e presenzas ancestrais, non palpables, pero que sempre estiveron aí. Un evento que será retransmitido na web https://lanochedelpatrimonio.com e na web e nas redes sociais da UNESCO.

Unha noite para descubrir CompostelaA Semana do Patrimonio Invisible

Pola súa banda, nesta nova edición da Semana do Patrimonio, organizada pola Concellería de Acción Cultural co apoio da Deputación da Coruña, realizaranse un ciclo de visitas guiadas a edificios e espazos que normalmente están fechados ao público. Ante o éxito acadado nos anos anteriores, o calendario amplíase de xeito notable, cun total de 50 visitas guiadas ofertadas a diversos espazos da cidade.

Algúns deles recuncan diante da demanda do público para coñecelos, como é o caso do Pazo de Ramirás tamén chamado Colexio dos Irlandeses, o Hostal dos Reis Católicos, o Hospital de San Roque, a Casa Gótica, o Pazo de Amarante ou a Capela das Ánimas.

Este ano, ademais, inclúense novos espazos como o Colexio de Fonseca (que inclúe a visita ao Salón Nobre e a Biblioteca América), a Fundación Laboral da Construción, o edificio da Sede SGAE e unha visita especial aos mananciais medievais de Compostela.

Os grupos de visita serán reducidos a un máximo de oito persoas, para poder garantir en todo momento as distancias. Todas as visitas son gratuítas pero é preciso reservar praza a partir do mércores 9 na páxina web da Semana do Patrimonio Invisible: https://patrimonioinvisible.gal/reserva-a-tua-praza

Todas as actividades son gratuítas. Pode consultarse a programación e as reservas na web https://www.compostelacultura.gal/ .

Unha noite para descubrir Compostela

Imaxe Loli Fernández

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial