займ срочно

Unhas xornadas reflexionan sobre o control xudicial en España e Portugal dende o século XVI

0

Participan invetigadores españois e portugueses e están organizadas por Historia do Dereito

Santiago, 08/09/2016 – A experiencia histórica do control xudicial en España e Portugal entre os séculos XVI e XX é o tema que abordará a quinta edición das Xornadas Hispano-Lusas de Historia do Dereito. Esta unha xuntanza que se celebrará a partir de hoxe na Facultade de Dereito da USC e que se estenderá ata mañá organizado por Mª Teresa Bouzada Gil, Isabel Graes e Pedro Ortego Gil.

Á xornada inaugural está prevista a asistencia do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel A. Cadenas; do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela; e da secretaria xeral da USC, Consuelo Ferreiro. No primeiro día do encontro revisaranse cuestións relacionadas coa formación dos xuíces en Portugal, o control dos xuíces no ordenamento portugués, o control xudicial en Indias ou as demostracións de control da Audiencia territorial de Galicia durante a vixencia das constitucións de 1868 e 1876, entre outras.

Xa o venres 9 prestarase atención a temas como a independencia do Poder Xudicial e a responsabilidade dos xuíces durante a Ditadura de Primo de Rivera, o control xudicial na II República española, os tribunais internacionais, o labor da Inspección Central de Tribunais no período franquista ou a realidade contemporánea do control xudicial.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies