займ срочно

Unidade para impulsar o xardín botánico de Compostela

1

Compostela, 22 de febreiro do 2019 – Distintas entidades de Compostela reuníronse para poñer en común distintas ideas e propostas encamiñadas a impulsar o xardín botánico da cidade.

No encontro participaron o Ateneo de Santiago, que cedeu a sede social para a reunión, a Real Sociedade Económica de Amigos do País, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC. Todas coincidiron en destacar o interés cidadán do xardín botánico para a educación ambiental e a investigación, o uso recreativo do espazo para a cidadanía e o atractivo turístico.

As devanditas entidades acordaron, como primeira medida, constituírse como Comisión Cidadá para expoñer diante das distintas entidades públicas (USC, Concello, etc.) a necesidade de dotar á cidade deste novo equipamento público, mantendo futuras xuntanzas para tratar de levar adiante este proxecto na perspectiva do Ano Xacobeo 2021.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies