займ срочно

O presidente da Unión Barcalesa en a Habana visitou A Baña

0

A Baña, 16 de xullo do 2018 – O alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, recibiu esta semana ao presidente da Unión Barcalesa na Habana, Manuel Rodríguez Barreiro.

Manuel Rodríguez aproveitou a súa visita ao Concello da Baña para entregar os xustificantes da achega que o propio rexedor lle entregara durante a súa recente visita á Habana para colaborar co mantemento do panteón social da Unión Barcalesa no cemiterio de Colón.

A comisión de goberno bañense acordara concederlle mil euros ao colectivo de emigrantes ou descendentes de emigrantes para conservar o seu patrimonio no país caribeño.

Ao mesmo tempo Rodríguez Barreiro tamén lle presentou ao alcalde bañense o proxecto que está deseñando a Unión Barcalesa na Habana para dixitalizar as actas da sociedade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies