Reabre o estadio de atletismo

0

Compostela, 12 de xuño do 2020 –  O estadio de atletismo da Universidade de Santiago  reabriu as súas portas dende onte xoves 11 de xuño.

A través da páxina web do Servizo de Deportes poden realizarse as correspondentes reservas de uso do estadio de atletismo, o cal estará suxeito a estritas medidas de seguridade en base ás recomendacións das autoridades sanitarias.

Tal e como establece o plan de reinicio de actividade, só se poderá facer uso da pista de atletismo e os espazos anexos exteriores para adestramento de atletismo e acondicionamento físico individual.

Os aseos están dispoñibles pero non os vestiarios. Os membros da comunidade universitaria da USC, así como atletas con licenza federativa maiores de 14 anos, poderán beneficiarse destas instalacións. É imprescindible estar rexistrado como persoa usuaria do Servizo de Deportes. Ademais, os atletas federados deberán adquirir o ‘Abono federados’ que é gratuíto e só implica a xustificación desta condición achegando a licenza federativa.

Reabre o estadio de atletismoTempo de uso e horarios

A reserva de uso farase para unha franxa de duración máxima dunha hora e corenta e cinco minutos. Só se pode estar na instalación dentro da franxa horaria, así que esta inclúe tanto o tempo de acceso e preparación coma o de recollida de material e saída. A franxa de uso abrangue de 09.30 a 11.15 horas; de 11.45 a 13.30 horas; de 16.30 a 18.15; e de 18.45 a 20.30 horas.

Pistas de tenis e sendeirismo

As pistas de tenis xa están tamén funcionando como contábamos hai uns días.

Por outra banda o Servizo de Deportes está tamén a traballar no reinicio da actividade de sendeirismo, en base ás directrices marcadas pola USC e os organismos con competencias na materia. Neste senso, xa hai diferentes rutas programadas e adaptadas ás condicións de mobilidade fixadas en cada momento polas autoridades sanitarias.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial