займ срочно

2020, ano Concepción Arenal na USC

1

Compostela, 9 de xaneiro do 2019 – A Universidade de Santiago conmemora este ano 2020 o centenario do nacemento de Concepción Arenal, unha das primeiras feministas de España.

O ano Concepción Arenal terá unha nutrida axenda de actividades para lembrar a que fora licenciada en dereito pola USC, ademais de xornalista e escritora.

O  ;  director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a concelleira responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón; e o vicepresidente e o secretario do Ateneo de Santiago, Manuel López-Rivadulla Lamas e Francisco Candela Castrillo, reuníronse mércores co reitor Antonio López no Colexio San Xerome coa intención de perfilar as accións conxuntas que estas institucións desenvolverán para reivindicar a figura da autora ferrolá e nas que tamén tomará parte o Consello da Cultura Galega.

USC conmemora ano Concepción ArenalMalia que este é un proxecto colectivo e aberto á participación doutras entidades, a Universidade traballa xa, xunto con estas institucións, no desenvolvemento de diferentes iniciativas cuxos puntos nucleares serán unha exposición no Colexio de Fonseca no rogramada para o mes de setembro baixo o título ‘Concepción Arenal. A conciencia da razón’, así como a celebración dun congreso internacional no mes de outubro no que diferentes especialistas poderán abordar a figura de Concepción Arenal dende un enfoque multidisciplinar.

Ademais da mostra e do congreso, a USC impulsará unha serie de concertos nutridos coa obra de compositores do Rexurdimento que formaban parte dos salóns habituais da época como o moi coñecido de Emilia Pardo Bazán. Obras do violinista Jesús de Monasterio, amigo íntimo da autora, e do seu alumno Andrés Gaos, conformarán, entre outros autores e autoras, o programa dos concertos.

Asemade, tal e como se puxo de manifesto na reunión, as institucións están a traballar noutras accións. Entre elas, a USC súmase á iniciativa do Ateneo de acometer a publicación dunha edición facsimilar das obras La mujer del porvenir e La mujer de su casa, textos seminais para entender o pensamento feminista da autora ferrolá. Esta edición contará cun estudo introdutorio a cargo da profesora Carmen Blanco Nesta liña, a Universidade publicará dentro da colección Clásicos do Pensamento Universal, colección coeditada coa Fundación BBVA, a tradución ao galego da obra El visitador del preso.

O venres 31 de xaneiro, data do aniversario do seu nacemento, os centros que integran a USC, tanto no campus de Santiago como no de Lugo, están chamados   a acoller diferentes iniciativas para visibilizar e poñer en valor ante a comunidade universitaria e a sociedade en xeral, a figura de Concepción Arenal. Neste senso, nas vindeiras datas levaranse a cabo reunións cos centros para definir este programa de actividades. O descubrimento dun vítor na honra da xornalista  de actos que se desenvolverá ao longo de 2020.

Comisión para definir o programa

Malia que o primeiro encontro entre as diferentes institucións tivo lugar este mércores, a USC leva traballando dende hai varios meses no deseño da programación para este ano Concepción Arenal. Neste senso, elaborouse unha comisión interdisciplinar, a fin de artellar unha axenda que aborde dende diversas perspectivas a súa traxectoria. Ramón Ángel Bouzas Lorenzo, decano da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais; Ana María Gude Fernández, decana da Facultade de Dereito; José Francisco Méndez García, director da Biblioteca Concepción Arenal; Anxo Doval,   Biblioteca Concepción Arenal; a catedrática de Dereito Administrativo, Alba Nogueira; a catedrática de Dereito Civil, María Paz García Rubio; a catedrática de Filosofía, María José Agra; o profesor de Dereito Penal, Fernando Vázquez Portomeñe; e o profesor de Historia da Educación, Vicente Peña Saavedra, integran a comisión da USC para este ano Concepción Arenal.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies