займ срочно

O Premio Jesús García Calvo 2018 dedicarase ao cooperativismo agrogandeiro

0

Compostela, 12 de xaneiro do 2018 – A quinta edición do Premio Jesús García Calvo, que en 2018 conmemora o 50 aniversario de Feiraco, propón como tema de estudo o cooperativismo agrogandeiro en Galicia.

O obxectivo da convocatoria é destacar aquelas propostas que contribúan ao mellor coñecemento e ao desenvolvemento do medio rural e o cooperativismo en Galicia co obxectivo último de mellorar as actividades económicas e a calidade de vida da poboación rural.

As candidaturas, individuais ou en equipo, presentaranse antes do 28 de febreiro de 2018 na secretaria do Instituto de Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (IDEGA) en horarios de 9.00 a 14.00 horas ou ben por correo postal a IDEGA (Avda. das Ciencias, chalet nº 1 Campus Vida – 15782 Santiago de Compostela). O premio está convocado polo IDEGA e Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN).

Tema da investigación

Cun enfoque prospectivo, este premio trata de impulsar a investigación do proceso de desenvolvemento do cooperativismo e da produción de leite e a súa contribución á economía social en Galicia, as súas relacións coa nova economía rural diversificada, a súa capacidade de xeración de riqueza e o seu impacto territorial. Son de interese a análise dos procesos de fixación da poboación rural ao territorio, a innovación tecnolóxica, as alternativas no ámbito da produción, comercialización e distribución dos produtos lácteos, a análise prospectiva de novos mercados, a protección do medio rural e as oportunidades das enerxías sostibles.

O premio ten unha dotación de 5.000 euros, que a proposta gañadora recibirá coa entrega dun informe parcial o 29 de xuño de 2018 na secretaria do IDEGA e o restante 50% coa entrega do informe final de resultados. Neste senso, o traballador gañador desenvolverase de acordo co anteproxecto seleccionado e deberá ser entregado na mesma dirección do instituto universitario antes do 30 de setembro.

Documentación

Para formalizar a presentación de propostas é preciso presentar un documento, en formato PDF co anteproxecto da investigación a desenvolver, incluíndo título, xustificación do interese, obxectivos, índice detallado da investigación, unha metodoloxía e referencias bibliográficas. Tamén se incluirá un currículo breve da persoa ou persoas que presentan a proposta, igualmente en formato PDF.

O xurado determinará o seu ditame antes do 31 de marzo. Integrarano o reitor como presidente, o presidente da Fundación Feiraco, un conselleiro de CLUN, o director do IDEGA (secretario) e tres expertos de recoñecido prestixio no campo do desenvolvemento rural e o cooperativismo en Galicia designados de común acordo entre as dúas entidades convocantes.

O xurado poderá declarar deserto o premio e a maioría considera que ningunha das candidaturas reúne o nivel necesario. Cada membro do xurado seleccionará unha contribución de entre as presentadas, someténdoas a sucesivas roldas de votación nas que se eliminarán as de menor número de votos. Na votación final entre as dúas contribucións finalistas determinarase a premiada por maioría simple.

Premio García Calvo

O premio Jesús García Calvo está considerado un referente na investigación do cooperativismo e da economía rural en Galicia. Instaurado na memoria do que foi presidente fundador de Feiraco, durante as catro edicións celebradas ata o de agora ten premiado publicacións e artigos científicos, teses de doutoramento, traballos de fin de master e de grao que destacaron polas súas achegas para a investigación histórica, xeográfica, económica, sociolóxica e antropolóxica e para o desenvolvemento do medio rural galego.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies