Cofres para esterilizar máscaras faciais

0

Compostela, 20 de abril do 2020 – A Universidade de Santiago colabora na creación de Cofres que permitan a esterilización das máscaras faciais por medio emisión de determinadas lonxitudes de onda.

O grupo de investigación Photonics4Life da USC participa na creación de estes cofres que inhabilitan os virus. Dotados de luminarias que emiten unha lonxitude de onda de 254 nanómetros, o uso destas caixas metálicas é coñecido como esterilizador e bactericida.

“Dende o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) puxéronse en contacto coas universidades e centros de investigación a finais de marzo solicitando persoal cualificado que puidese medir a dosimetría do cofre que estaban a construír para dar solución á falta de EPIS, máscaras en particular, que sufrían nese momento para poder reutilizalas”, explica Maite Flores-Arias, coordinadora de Photonics4Life.

O grupo de investigación caracterizou dosimetricamente o cofre e contribuíu  ao seu deseño interior, en particular no relativo á posición da reixa que alberga as máscaras a  esterilizar, así como no posicionamento máis adecuado para as mesmas. “Para converter o cofre nun sistema fiable de desinfección fronte ao SARS-CoV-2, necesitábase facer unha caracterización dosimétrica precisa, determinando as sombras de dosimetría que se producen no interior do cofre canto hai varias máscaras de diferentes tipos e con xeometría diferente”, explica a profesora Flores-Arias.

Capacidade de desprazamento

Instalado na sala de reanimación do CHUS, o cofre funciona as 24 horas do día e mesmo se construíu outra cámara para dar servizo á gran demanda existente, na mesma sala e con características idénticas. “A vantaxe que presenta este cofre de desinfección é que se pode desprazar grazas ao seu sistema de rodas, podendo coarse no sitio concreto onde se xera o material contaminado, sen ter que facer traslado do mesmo dun lugar a outro”, afirma a coordinadora de Photonics4Life.

A caracterización e os cálculos dosimétricos foron realizados polos investigadores da USC Maite Flores-Arias, Xusto Arines Piferrer e Carmen Bao, da área de Óptica do Departamento de Fisica Aplicada. Tamén interviñeron na súa construción Ramón Vilanova, do grupo  Iberman, e Aurora  Baluja, do departamento de  Anestesioloxía do CHUS. Os membros de Photonics4 Life acaban de participar tamén na caracterización dun cofre similar que o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo solicitou á empresa Hidronav  Technologies S.L.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial