Fonseca exhibe a metalurxia do Bronce Final na colección arqueolóxica da USC

0

Compostela, 19 de xullo do 2019 – A  exposición ‘Cinco vidas, unha historia. A metalurxia do Bronce Final na colección arqueolóxica da USC’ é o título da mostra que se exhibe estes días en Fonseca.

A exposición sobre o Bronce Final está promovida polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC e a USC. inaugurouse nun acto no que participaron a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo; o delegado Institucional do CSIC en Galicia, Antonio de Ron Pedreira; a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey; o director do Incipit, Felipe Criado-Boado; e o comisario da exposición, Xosé-Lois Armada.

A metalurxia do Bronce FinalO título da exposición fai referencia a cinco etapas polas que terían pasado os obxectos expostos e que se inician coa súa elaboración e terminan cos últimos estudos realizados polo Incipit. En total son 22 pezas metálicas, na súa maioría machadas de bronce, en cuxos traballos de investigación e restauración participou un equipo de expertos dirixido por Xosé-Lois Armada, investigador Ramón y Cajal do Incipit e comisario da exposición. Os obxectos pertencen a antigas coleccións arqueolóxicas de Santiago de la Iglesia, Federico Maciñeira e José Viqueira Barrio, que foron doadas á USC entre os anos 1927 e 1948 e que na actualidade forman parte da colección arqueolóxica da Universidade de Santiago.

Ademais das pezas, o público poderá consultar documentación inédita, negativos fotográficos en placa de vidro ou publicacións antigas que permiten coñecer a historia destas coleccións e o seu proceso de incorporación á Universidade.

Tras a súa elaboración e uso hai aproximadamente 3.000 anos, os obxectos que se exhiben foron retirados da circulación e enterrados, formando acumulacións de metal, un fenómeno que abarca amplas áreas do continente europeo e cuxo significado aínda constitúe unha incógnita. De feito, as pezas foron recuperadas a finais do século XIX, con frecuencia durante labores agrícolas e de forma casual. No caso concreto de Galicia, atopáronse en diversos lugares das provincias da Coruña, Ourense e Lugo, concretamente nos termos municipais de Ortigueira, As Pontes, Verín ou Vilalba, entre outros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial