займ срочно

Universidade e Política Lingüística actualizan o vocabulario de termos de dereito de traballo e seguridade social

0

Compostela, 19 de outubro do 2018 – O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no salón de graos da Facultade de Dereito compostelá, na rolda de prensa en que se deu a coñecer o novo vocabulario Termos esenciais do dereito do traballo e da seguridade social, elaborado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago (USC) co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

García Gómez incidiu, durante a súa intervención, na “importancia do traballo terminolóxico para manter actualizada o vocabulario dunha lingua e favorecer que os falantes a empreguen nos máis diversos ámbitos, dotándoa deste xeito da vida que só pode dar o uso frecuente e variado e do prestixio que lle confire o ser empregada en campos coma o do dereito, que hoxe nos convoca aquí”.

O secretario xeral estivo acompañado por Gumersindo Feijoo Costa, vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC; Gumersindo Guinarte Cabada, decano da Facultade de Dereito da mesma universidade, e a profesora Alicia Villalba Sánchez, coautora do glosario xunto con Xusto A. Rodríguez Río.

Máis de 1000 conceptos

Termos esenciais de dereito do traballo e da seguridade social é un glosario trilingüe (galego-español-inglés) que recolle máis de 1000 conceptos dos ámbitos indicados no seu título. Esta publicación completa a  colección de vocabularios básicos de dereito elaborados polo Servizo de Normalización Lingüística da USC, na que se incluíron propostas terminolóxicas de dereito constitucional, penal, internacional, civil, administrativo e mercantil.

Colaboración para a normalización lingüística

A elaboración e publicación deste traballo foi froito da colaboración entre a Universidade compostelá e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo, que ten asinado con ela un convenio de colaboración en materia de normalización da Lingua Galega. O dito convenio posibilita tamén a celebración de diversos cursos de formación, o apoio á redacción e defensa en galego de teses, traballos de fin de grao e de fin de mestrado ou o subtitulado de vídeos TED do ámbito da saúde, entre outras accións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies