A universidade abre expediente ao profesor Luciano Méndez Naya

0

Compostela, 12 de maio do 2018 – A Universidade de Santiago abriu un expediente informativo que permitirá determinar no menor prazo de tempo posible a repercusión no ámbito profesional do profesor Luciano Méndez Naya dos vídeos difundidos en redes sociais e nos que o docente fai públicas as súas opinións sobre o caso coñecido como ‘La Manada’.

Como explicou nun encontro cos medios de comunicación a vicerreitora de Comunicación e Coordinación, Rosa Crujeiras, esta actuación permitirá igualmente á USC valorar a pertinencia de remitir o caso á Fiscalía de existir fundada sospeita de comisión de delito por parte de Méndez Naya.

A vicerreitora lembrou que “se actuou coa maior celeridade que nos permite o ordenamento xurídico, mantendo as garantías para as partes implicadas” aínda que “deixa unha escasa marxe de manobra, non só ás universidades, senón en xeral á administración pública”. Rosa Crujeiras reiterou que a USC non tolerará actitudes que “menoscaben a dignidade das persoas e os dereitos fundamentais, neste caso o da igualdade entre mulleres e homes”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial