займ срочно

A USC entre as mellores universidades en Investigación, desenvolvemento e innovación

0

Compostela, 28 de maio do 2020 – A USC mantense entre as universidades públicas españolas con mellor taxa de rendemento académico entre os estudantes de grao en canto a I+D+I, Investigación, desenvolvemento e innovación.

A USC posiciónase entre as mellores nos eidos da investigación e transferencia de coñecemento, no que atinxe a concesións de patentes, ingresos por licencias, publicacións interdisciplinares e internacionais, así como en captación e liquidación de fondos, segundo se deprende do Ranking CyD 2020, sobre as universidades españolas que vén de publicar a Fundación Coñecemento e Desenvolvemento.

A nova edición deste informe sobre a realidade universitaria española pretende servir de axuda na toma de decisións de estudantes, universidades e empresas, así como no desenvolvemento das súas propias estratexias de avaliación, a través dunha análise de indicadores fiables na que se recollen datos por comunidades autónomas e universidades. De feito, na elaboración deste estudo está incluídos datos de 76 universidades (48 públicas e 28 privadas) ao tempo que se analizan 2.925 titulacións e os  resultados comparados de 25 ámbitos de coñecemento, dos que a USC presenta taxas de alto rendemento en máis da metade.

O citado traballo, que constitúe unha valiosa fonte de información sobre as características máis salientables do sistema universitario español, sitúa a institución académica compostelá entre as universidades españolas con máis publicacións por profesor con impacto internacional e tamén no grupo de cabeza das institucións con máis investigacións citadas en patentes e entre as que captan máis ingresos por licencias. Estes tres parámetros empregados pola Fundación CyD para a elaboración do seu ránking sobre a universidade española proban o compromiso e o bo facer da USC en canto a transferencia do coñecemento á sociedade se refire.

O eido da investigación é outro dos campos nos que a USC ocupa un lugar preferente no último informe da Fundación CyD, que sitúa a institución académica compostelá no grupo das universidades españolas con mellores rendementos en captación e liquidación de fondos externos para o desenvolvemento de actividades de I+D+i non ligados á transferencias correntes do Goberno ou á media de publicacións por profesor.

Proxección internacional

A proxección e a orientación internacional da USC son outras das características que salienta a Fundación CyD no seu ranking sobre a universidade española, un traballo no que inclúe á de Santiago de Compostela entre as universidades que rexistran un maior número de publicacións de carácter e impacto internacional. O carácter interdisciplinar de boa parte das investigacións e estudos que se desenvolven nos diferentes campus universitarios da USC e mesmo a taxa de estudantes e investigadores estranxeiros que completan o seu doutoramento na institución académica compostelá constitúen outras das fortalezas que a Fundación CyD atribúe á institución académica compostelá, que tamén destaca pola media de sexenios de investigación obtidos polo corpo docente da universidade.

No capítulo correspondente a medir a taxa de éxito nos procesos de ensinanza e aprendizaxe, o caso da USC sitúase no grupo de cabeza das universidades españolas cuxo alumnado que completa titulacións de grao de 240 créditos ECTS. O estudo que cada ano publica a Fundación CYD constitúe unha ferramenta útil para comparar a situación das universidades en función de determinadas dimensións ou parámetros: ensinanza e aprendizaxe, investigación, transferencia de coñecemento, orientación internacional e contribución ao desenvolvemento rexional.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies