Úrsula Heinze en Brión “Pon un psiquiatra na túa vida… e xa verás”

0

Brión, 8 de marzo do 2018 – A sala de exposicións da Casa da Cultura de Brión acolle este venres, ás 20:30 horas, a presentación do libro “Pon un psiquiatra na túa vida… e xa verás”, da escritora galega de orixe alemá Úrsula Heinze.

Heinze estará acompañada polo alcalde de Brión, José Luís García García, e o editor Henrique Alvarellos. A entrada é totalmente libre e de balde.

“Pon un psiquiatra na túa vida… e xa verás” é unha novela que aborda o mundo da depresión a través do diálogo entre unha paciente e o seu psiquiatra. Un diálogo no que van aflorando cuestións como o envellecemento, a morte, a sexualidade, a relacións cos demais…

O libro, pese ao seu título retranqueiro e algún momento distendido, ten un trasfondo alonxado do mundo cómico. Estruturada en 20 capítulos, a novela repasa as 20 citas da protagonista (Sally McMahon) co seu psiquiatra ao longo de dous anos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial