Usamos o galego 365 días ao ano, hoxe pechamos para que outros presuman diso

0

Usamos o galego 365 días ao ano, hoxe deixamos o protagonismo aos que non o fan.

Usámolo porque é patrimonio. Tamén é política. É deporte, amor, música, libros e pintura, traballo, comida. E si, tamén é  app,  streaming,  leasing,  backstage, Netflix, google ou linux,  porque o galego está vivo.

Usámolo porque hai que recuperar o tempo en que non nos deixaron usalo. Débennolo.

Usámolo porque  noxo non é o mesmo que asco; morriña ou saudade non son melancolía; finchado non é presumido e fachendoso non é chulo; ledicia é máis que alegría e  pasamento non é o mesmo que morte; porque  madia  leva!  carallo! ou malo será ! quítanos de calquera apuro.

Usámolo porque é o noso dereito; xa nos recortan outros, este non poden.

Usámolo para equivocarnos, e que nolo digades, e aprender e usalo máis.

Usámolo porque si, como dixo Celso Emilio Ferreiro, porque nos  gosta, porque nos peta e queremos e dános a  gaña, porque nos  sae de dentro. Pechamos e ímonos a rúa porque hoxe hai moito que celebrar

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial