займ срочно

A USC becará a cinco deportistas do Compostela

0

Compostela, 25 de febreiro do 2018 –  A USC e a Sociedade Deportiva Compostela asinaron este mércores un acordo de colaboración polo que, entre outros asuntos, a institución educativa convocará cinco bolsas para que deportistas da sociedade poidan cursar estudos de grao en Santiago.

Ademais, en virtude do convenio o Compostela colaborará na realización dun campus de fútbol para nenos e nenas de entre 9 e 16 anos a celebrar en xuño de 2018 nas instalacións da USC e que terá continuidade o vindeiro ano. Os campus, dunha duración dunha semana, impartiranos técnicos do club deportivo.

Na sinatura do acordo, dunha vixencia de dous anos prorrogable, participaron o reitor da USC, Juan Viaño, e o presidente da SDC, Antonio Quinteiro Canedo, que estiveron acompañados pola vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez, e polo responsable de Relacións Externas da sociedade, Ramón Castro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies