Unha tese da USC una La Celestina e Xi Xiang Ji

0

Compostela, 9 de febreiro do 2018 – A investigadora Tian Xia atopou na súa tese doutoral singulares coincidencias en temas, estilos e enfoques sociais nas obras clásicas La Celestina, de Fernando de Rojas, e Xi Xiang Ji (Historia del ala oeste), de Wang Shifu.

Trátase da primeira tese deste tipo que se presenta na USC e que supón un avance significativo dentro dos estudos que acercan literaturas aparentemente afastadas como a chinesa e a española.

A grande dificultade que supón o dominio da cultura española da época da Celestina e da obra clásica chinesa Xi Xiang Ji foi o desafío máis destacado desta investigación, para a que a autora traballou coas dúas obras no seu idioma orixinal. A tese parte do feito de que ambas as dúas pezas teñen en común o protagonismo da intermediaria nos amores ilícitos: a criada Hongniang e a vella Celestina.

A investigación enmárcase no programa de doutoramento Estudos da Literatura e da Cultura e estivo dirixida polo profesor da USC Santiago Fernández Mosquera e Alicia Relinque, da Universidade de Granada.

Tian Xia, que dende hai cinco anos pertence ao grupo de investigación Calderón da USC, chega coa súa tese ao cumio dunha carreira académica á que aspiran outro alumnado chinés que asiste ás clases de Lingua e literatura españolas na Facultade de Filoloxía da Universidade compostelá. Como afirma o profesor Fernández Mosquera, “unha tese deste tipo demostra non xa o interese polo español en China senón a consolidación dos estudos que van máis alá do mero desenvolvemento lingüístico para centrarse en investigacións de grande profundidade en obras clásicas das dúas culturas”.

O tribunal que por unanimidade lle concedeu a cualificación de Sobresaliente cum laude estivo composto por Juan Casas Rigall, da USC; Isabel Cervera, da Complutense e do Instituto Confucio; e Azucena González Blanco da Universidade de Granada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies