займ срочно

USC e Aresa convocarán a edición 2018 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

0

Compostela, 12 de setembro do 2018 O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, e o presidente do grupo Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, asinaron este martes en Compostela o convenio de colaboración que pon en marcha a edición do ano 2018 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, cuxas candidaturas poderán presentarse ata o 26 de outubro de 2018 nos rexistros da USC. No acto, celebrado no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome en Santiago de Compostela, tamén estivo presente a vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto.

A sinatura deste convenio é o punto de partida dunha nova convocatoria deste recoñecido galardón co que Aresa e a USC premian cada ano diferentes iniciativas e proxectos presentados por empresas, grupos de investigación, asociacións ou calquera outro tipo de entidade que contribúa á mellora do benestar das persoas que viven e traballan no medio rural.

Tras a sinatura protocolaria, López e Rodríguez explicaron que na avaliación das candidaturas o xurado prestará especial atención aos proxectos que xeren valor engadido e emprego no rural galego, á súa viabilidade económica, á creación de postos de traballo, á posta en valor dos produtos da terra de tradición galega, á recuperación de subsectores agrícolas e gandeiros tradicionais e á innovación en produtos que teñan potencial de desenvolvemento.

O reitor Antonio López agradeceu “19 anos de compromiso e colaboración continuada” do grupo Aresa a prol da posta en valor e dinamización da actividade agrogandeiro en Galicia. Igualmente, Antonio López subliñou o carácter aberto da convocatoria aberta tanto a traballos de I+D, como a proxectos de actividade empresarial xa constituídos e a aqueles caracterizados polo seu carácter innovador. Neste apartado, Álvaro Rodríguez Eiras lembrou que o certame mantén as mesmas bases coas naceu o premio que, nesta edición, tratará de renovar a cerimonia de entrega.

Edicións anteriores

Na traxectoria do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón creado no ano 2000 e que acadou un recoñecido prestixio no sector, figuran premiados como o profesor da USC Javier Guitián (en 2001), a Aula de Produtos Lácteos (2002), a Facultade de Veterinaria (2008) e a Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela (2017). Fóra do ámbito universitario, outros gañadores foron a IXP TerneraGallega (2004), o programa de TVG ‘O Agro-labranza’ (2005), a D.O. Ribeira Sacra (2006), a Asociación de Criadores de Rubia Galega – Acruga (2010), a Sociedade Agraria de Transformación ‘Montes de Trabada’ (2011) ou a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica) (2016).

Recibiron tamén este galardón o director xeral de Agricultura da Comisión Europea, o lucense Xosé Manuel Rodríguez Silva (2003); os impulsores da queixería Casa Macán (2007); e empresas como a industria cárnica Nova Novafrigsa (2000), Ingapán (2009), Champivil (2012), Alibós Galicia, que foi a gañadora da edición de 2013, e a Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa, que recibiu este galardón na súa edición de 2014. O grupo empresarial galego Agroamb, que atopa a súa sede empresarial no concello lugués de Castro de Rei, resultou merecedor do premio na edición de 2015.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies