займ срочно

O Espazo de Danza da USC abre matrículas

0

Compostela, 16 de setembro do 2017 – O Espazo de Danza do Campus de Compostela mantén abertos os prazos para matricularse en diversos cursos a desenvolver neste ano académico, todos recoñecidos con créditos ECTS.

O Espazo de Danza programa do 16 de outubro ao 20 de decembro un curso de iniciación á danza contemporánea, que impartirá Juan Carlos Zahera os luns e mércores de 14:30 a 16:00 horas na Sala Multiusos do Estadio de Atletismo. Tamén en outubro, e ata abril, desenvolverase o curso II de danza contemporánea a cargo de Xiana Vilas.

 A danza tradicional galega ten tamén cabida na programación da USC, impartido por Alejandro Martínez nas modalidades de iniciación e avanzado en dúas quendas, unha de setembro a xaneiro e outra de febreiro a xuño. Pola súa banda, quen prefira a danza latina poderá matricularse nos diversos cursos (iniciación, intermedio e avanzado) a cargo de Miguel David Herrera.

 Compañía de Danza

A compañía de danza universitaria da USC dedícase á creación e investigación do movemento e á composición coreográfica no ámbito da danza contemporánea, o que dará como resultado unha peza que se presentará posteriormente ante o público. A proposta final será o froito do traballo no curso II de danza contemporánea  utilizando  material traballado e a posta en común de propostas  do alumnado.

Para formar parte da compañía é requisito participar no Curso II de Danza Contemporánea ou ter pertencido a ela en anos anteriores. A intervención na compañía será de outubro a maio, cando comezan as saídas a encontros, festivais e a propia participación do 16º Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC.

Para matricularse ou acadar máis información, as persoas interesadas poden dirixirse á área de Cultura da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua na Casa da Balconada ( Rúa Nova, 6) ou nos teléfonos 881 811 018 ou  881 811 318.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies