займ срочно

A Fundación USC Deportiva impulsa un obradoiro de kung fu

0

Compostela, 5 de marzo do 2020 –  A Fundación USC Deportiva organizará o vindeiro 28 de marzo na Sala de Artes Marciais do Complexo Deportivo do Estadio (Campus Vida), un obradoiro de kung fu.

A xornada desenvolverase a partir das 9.15 horas. Neste taller ofrecerase unha introdución á filosofía, cultura e historia das artes marciais chinesas, como o kung fu, aplicada aos seus métodos de adestramento físico e mental.

Neste curso, no que colabora o Servizo de Deportes da USC, traballaranse o dominio das distancias, niveis e diferentes sistemas defensivos e ofensivos. O obxectivo é achegarse á disciplina milenaria para desenvolver áreas como atención e concentración, forza, resistencia, elasticidade, coordinación ou defensa persoal. A actividade, destinada a persoas con algún coñecemento previo en distintas artes marciais e que estean interesadas en achegarse a esta disciplina chinesa, terá unha duración de catro horas e media.

O obradoiro estará impartido por Amancio Rial Bouza, profesor de actividades como mindfulness, tai chi, chi kung e kung fu na Fundación USC Deportiva. Todas as persoas interesadas en participar nesta actividade deberán formalizar a súa inscrición a través da páxina web www.fundacionuscdeportiva.org. O prezo do obradoiro é de 30 euros e as prazas están limitadas ata un máximo de quince participantes, polo que se recomenda realizar a reserva de praza o antes posible xa que se respectará rigorosamente a orde de inscrición para a súa adxudicación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies