займ срочно

A USC e  HM Hospitales establecen un marco de colaboración

0

Compostela, 1 de outubro do 2017 – A Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación de Investigación HM Hospitales asinaron un convenio marco de colaboración en accións de investigación, docencia e desenvolvemento.

O reitor Juan Viaño recibiu no seu despacho de San Xerome ao presidente de HM Hospitales, Juan Abarca Cidón, e ao director da Fundación, Cristóbal Belda, para formalizar o acordo.

En concreto, ambas as dúas institucións traballarán conxuntamente en actuacións de cooperación en programas de formación de persoal investigador e técnico, na execución de proxectos e programas de investigación e desenvolvemento e na organización de actividades comúns relacionadas coa promoción social da investigación, a docencia e o desenvolvemento tecnolóxico. Na xuntanza participaron tamén o vicerreitor de Organización Académica e Persoal Docente da USC, Luis Lima; o subdirector xeral de HM Hospitales, Jesús Peláez; e a directora médica territorial e director territorial de HM Hospitales en Galicia, Pilar Múgica e Ramón Cobián, respectivamente.

Tanto Juan Viaño como Juan Abarca trataron outro ámbito de actuación do acordo,  que como todos deberá ser desenvolvido e definido nun convenio específico, como é o establecemento de programas para a realización de prácticas externas para o alumnado da Universidade compostelá.

Para garantir o correcto desenvolvemento e cumprimento do acordado, constitúese unha comisión mixta integrada polo vicerreitor Luís Lima e por Cristóbal Belda Iniesta, da Fundación.

Tras a reunión mantida en San Xerome, Abarca Cidón mostrou a súa satisfacción polo convenio asinado coa USC. “A través deste acordo, HM Hospitales dá unha nova mostra da súa implicación en Galicia e cos galegos. Ademais, trátase dunha iniciativa de grande importancia institucional e que, mediante a súa aplicación, nos permitirá manter o crecemento nos tres pilares básicos do noso grupo como son a asistencia, a docencia e a investigación. Todo iso, co fin último de ofrecer nos nosos hospitais a excelencia en canto a servizos asistenciais, que só se logra cando a docencia e a investigación forman parte da mesma”.

Pola súa parte, Cristóbal Belda manifestou que a Fundación de Investigación HM Hospitales “sempre defendeu a actividade científica como unha ferramenta clave para o progreso. A través deste acordo ampliamos as nosas redes de cooperación científica e achegamos os nosos medios para que os profesionais teñan unha formación completa”.

Fundación de Investigación HM Hospitales

A Fundación de Investigación HM Hospitales é unha entidade sen ánimo de lucro, constituída en 2003 co obxectivo fundamental de liderar unha I+D biosanitaria, no marco da investigación traslacional, que beneficie de forma directa o paciente e a sociedade xeral, tanto no tratamento das enfermidades como no coidado da saúde, co fin de facer realidade a Medicina Personalizada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies