займ срочно

Os militares de Galicia e a súa contribución a ciencia nun libro da USC

0

Compostela, 16 de novembro do 2020 – A Universidade de Santiago, USC, ven de publicar de xeito dixital un libro que revela a contribución histórica do estamento militar de Galicia no desenvolvemento científico

Esta publicación da USC está asinada por José Ángel Docobo, Fernando Ponte, Iván Fernández, Pedro P. Campo e José R. González e leva por título ‘El legado científico de las Fuerzas Armadas en Galicia y de los gallegos pertenecientes a las Fuerzas Armadas’ e pode ser adquirida no seguinte enlace.

Imaxen de Free-Photos en Pixabay 

O volume busca poñer en valor a traxectoria científica de persoeiros galegos “Ousados mariños e navegantes, astrónomos e cartógrafos, intrépidos aviadores, pilotos de derrota, médicos, veterinarios… A nómina de persoeiros galegos ou que, non o sendo, desenvolveron un importante labor científico e de investigación en Galicia asociados ao estamento militar é moi numerosa, malia os seus nomes dicir ben pouco ás xeracións actuais”, apuntan os autores.

UN exemplo é o de Francisco de Seijas y Lobera que, tras percorrer os sete mares do mundo, deu ao prelo en Madrid Descripción geográfica y derrotero de la región Austral-Magallánica (1690) e rematou os seus días traballando en Versalles para a corte do rei Sol Luís XIV.

Explican os autores que “Tirar deste inxusto esquecemento tan insignes nomes, difundir e poñer en valor a súa traxectoria científica e achega ao progreso socio-cultual e científico alí onde asentaron institucións militares” foron os obxectivos que os moveron a organizar en 2018 e 2019 as exposicións celebradas en Santiago, Coruña, Marín, Pontevedra e Ferrol que están na base do libro que agora ve a luz.

Editado en formato dixital interactivo e ilustrado con gravados, material fotográfico e cartográfico, a obra aparece seccionada en oito capítulos destinados a mariños e navegantes, ensinanza naval, astrónomos e cartógrafos, levantamento de mapas,  exército de terra e aviadores galegos, centros de ensinanza militar, así como médicos e veterinarios. A publicación compila “ un rico elenco de nomes, temas e feitos históricos e venerables institucións, parte substancial da recente historia cultural e científica da Galicia que contribuíron de xeito indiscutible á proxección internacional do país”, conclúen os autores.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies