займ срочно

A USC recibiu catro valiosos libros donados por Modesto Seara (audios)

0

Un dos libros que recibe o Fondo Antigo da USC e o  “Illustrium Contrioversiarun Aliarunque Usu Frequentium” que data de 1599 e do que hai apenas 3 exemplares en España.

Santiago de Compostela, 19 de novembro do 2016 – Un libro con máis de 400 anos é, en si mesmo, unha xoia, se o seu estado de conservación é bo é algo excepcional e se ademais non existen apenas exemplares é case un milagre; se lle sumamos que o dono de libros con esas características é capaz de desfacerse deles atopámonos ante un feito extraordinario.

Modesto Seara (Allariz, 1931) é o iniciador e deseñador do Sistema de Universidades Estatais de Oaxaca, que conta neste momento con 17 campus de dez universidades que cobren a totalidade do territorio de Oaxaca: Universidad Tecnológica de la Mixteca, Universidad del Mar, Universidad del Istmo, Universidad del Papaloapan, Universidad de la Cañada, Universidad de la Sierra Juárez,  Universidad de la Sierra Sur, Universidad de la Costa, Universidad de Chalcatongo y NovaUniversitas. Como xurista atesora valiosos documentos ou libros como os que decidiu ceder a biblioteca da USC. É moi recomendable ler a súa biografía moi vinculada á situación que viviu España e Galicia nos últimos 40 anos.

usc-donacion_libros-slide-15-noviembre-2016_r

Modesto Seara co reitor Juan Viaño

Unha das obras cedidas é o Illustrium Contrioversiarun Aliarunque Usu Frequentium (1599), de Fernando Vázquez de Menchaca, un dos xurisconsultos máis importantes da súa época, enviado ao Concilio de Trento por Felipe II. A Biblioteca Universitaria ten varias obras deste autor, pero non esta edición en concreto.

modesto-seara-cede-libros-usc_dsc5618_w

Biblioteca América donde se fixo a entrega dos libros

Tampouco forma parte do fondo da USC a edición de 1613 de Le Legibus, de Francisco Suárez, autor da outra obra tamén do mesmo ano -Defensio  fidei Catholicae et apostholicae  adversus Anglicanae Sectae Errores- da que a USC si conserva un exemplar. Francisco Suárez foi teólogo, filósofo e xurisconsulto, considerado o principal mestre da Compañía de Xesús na España do seu tempo. Demasiado moderno por algúns, o Papa Paulo V convidouno para refutar o libro de Jacobo I de Inglaterra escrito contra Belarmino.

A última obra que Modesto Seara incluirá na doazón é Vocabularium Utriusque Juris (1591), de Alexander Scot, da que a USC non ten ningún exemplar

As voces

modesto-seara-cede-libros-usc_dsc5660_w

Mabela Casal, directora da Biblioteca Universitaria

Quixemos coñecer o valor de estes libros na voz dunha experta como a directora da Biblioteca Universitaria Mabela Casal

 

Por outra banda conversamos uns intres con Modesto Seara, alguén que pese aos seus máis de 80 anos segue a ter unha mente lúcida sobre todo o que vivíu e esta a vivir.

 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies