займ срочно

Hoxe comeza en Comppostela Pint of Sciencie

0

Compostela, 22 de maio do 2023 – O festival internacional Pint of Science comeza esta tarde en Compostela cunha serie de charlas impartidas polos investigadores da USC.

Pint of Science trata de establecer unha comunicación eficaz, “de igual a igual”, entre persoal científico e público xeral, empregando os bares como escenario e proporcionando un contexto distendido e agradable que promova dita comunicación.

Desde as seis de esta tarde o bar cafetería Alborada de Veiga, na Praza de Pascual Veiga, acollerá conversas sobre o desenvolvemento de fármacos, a posibilidade de que non sexamos tan iguais como cremos, a vida máis alá da auga ou o chatGPT.

Os relatorios correrán a cargo de Antón Leandro Martínez Rodríguez do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS), José Manuel Amoedo Meijide do grupo de investigación ICEDE (Innovación, cambio estrutural e desenvolvemento), Adrián Sánchez Fernández do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) e Aldán Creo Mariño do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS).

Este martes 23 Clara Landesa Gómez, investigadora do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e da Xunta de Galicia, abordará os primeiros instantes do universo. A continuación, será a quenda de Francisco Javier Salgado Castro, do departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular, quen pronunciará o relatorio ‘O pecado antixénico: a primeira impresión conta”. Completarán a primeira xornada do Pint of Science compostelán Jeannette Rodríguez Pallares do CiMUS, Borja Aparicio Gil do CiQUS e Olga Barca Mayo, tamén do CiMUS. Os temas a tratar serán a rexeneración do cerebro, mirar o universo con gafas fluorescentes ou por que durmimos.

Na derradeira das sesións, o mércores 24, intervirán Francisco Javier Cardama do CiTIUS, Mayra Maritza Quemé Peña do CiQUS, María Pilar Prieto Martínez do grupo EcoPast, Francesc Yassid Ayyad Limonge do IGFAE e María José Carreira Nouche do CiTIUS. Novamente o chatGPT, a necesidade (ou non) de novos fármacos, entre cavernícolas e romanos, do mundo cuántico ao ollo e o debate actual sobre a intelixencia artificial integrarán a listaxe de temas abordados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies