Deportes da USC volve á actividade comezando polas pistas de tenis

0

Compostela, 5 de xuño do 2020 –  O servizo de deportes da USC traballa na reactivación de todas as instalacións e abriu xa as pistas de tenis.

As pistas de tenis están abertas de luns a venres en horario de 10.00 a 22.00 horas. Os usuarios accederán ás pistas 1 e 2 pola porta lateral, respectando a distancia social, e depositarán os seus aveños na esquina que se corresponde coa parte máis alta do peche perimétrico do seu campo, xa que os vestiarios-aseos permanecerán pechados. Para as pistas 3 e 4, a entrada realizarase pola porta de acceso correspondente e seguindo idénticas pautas. Tanto as reservas como a adquisición de abonos de 10 usos farase en liña.

Deportes da USC volve á actividade comezando polas pistas de tenisNas normas de uso establecidas polo servizo, non se permite deixar material de uso común ás persoas usuarias; tampouco se pode cambiar de campo, nin compartir material. Recoméndase utilizar un calzado para o traslado e outro distinto para usar exclusivamente dentro da instalación. Ao cambio de calzado procederase xusto antes do acceso. Asemade, recoméndase acceder e xogar con gorra e gafas.

As portas de acceso ás pistas permanecerán abertas durante as reservas e os pomos soamente serán manipulados polo persoal da instalación ou de limpeza. Dende o servizo recoméndase non tocar o peche perimétrico nin elementos comúns e o saúdo será sen contacto. Cada xogador debe levar o seu xogo de pelotas para efectuar o saque cando sexa a súa quenda, usando o pé e a raqueta para mandarlle a pelota ao xogador contrario. Utilizaranse panos dun só uso que terán que ser desbotados nas papeleiras con pedal e non se permite cuspir nin derramar fluídos.

Sendeirismo e atletismo

Deportes da USC volve á actividade comezando polas pistas de tenisO servizo de deportes está tamén a traballar no reinicio da actividade de sendeirismo, en base ás directrices marcadas pola USC e os organismos con competencias na materia. Neste senso, adaptaranse as rutas ás condicións de mobilidade fixadas en cada momento polas autoriades sanitarias. O servizo está tamén a ultimar os detalles do plan de reinicio de actividade no relativo ás pistas de atletismo, previsto para os próximos días.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial