займ срочно

Antón Losada participa no ciclo de videoconferencias da USC sobre o Coronavirus

0

Compostela, 16 de abril do 2020 – Antón Losada participa este xoves como relator no ciclo de videconferencias arredor do Coronavirus promovido pola USC a través do Campus da Cidadanía e que está a congregar en liña a centenares de persoas

Este ciclo de relatorios busca achegar á sociedade unha visión multidisciplinar ao respecto da Covid-19 e dos efectos que está a provocar esta pandemia. Hoxe xoves continúa, a partir das 18.00 horas, cunha nova sesión a cargo de Antón Losada, profesor de Ciencia Política e Socioloxía da USC, que ofrecerá a conferencia ‘Xestión de crises, Coronavirus e profetas do pasado’.

A intervención de Antón Losada poderá seguirse a través dun enlace aberto ao público en xeral na plataforma Microsoft Teams. O éxito de participantes rexistrado na conferencia ofrecida o pasado martes no marco deste ciclo polo catedrático de Medicina e Saúde Pública Juan Gestal, cuxa charla contou cuns 400 usuarios rexistrados, fixo que os promotores deste ciclo de videoconferencias arredor da COVID-19 optaran por abrir este foro de debate alén da comunidade universitaria, de xeito que a ligazón  de Microsoft Teams habilitada para tal efecto pode compartirse con calquera persoa interesada.

O esquema das videoconferencias programadas contempla, ao remate de cada intervención, o desenvolvemento dun foro de debate virtual no que as persoas rexistradas como público poderán formalizar as preguntas que estimen oportuno.

Antón Losada participa no ciclo de videoconferencias da USC sobre o Coronavirus

Imaxe de Eldiario.es cunha licencia Creative comons

Calendario de relatorios

O calendario do ciclo de videoconferencias promovidas polo Campus da Cidadanía da USC para a achegar á sociedade unha visión interdisciplinar da COVID-19 terá continuidade ao longo das vindeiras semanas. Así, a tamén profesora da USC Rosa Crujeiras dará continuidade o martes 21 a este programa cunha charla que leva por título ‘A COVID-19 nunha ollada estatística: como buscamos pitonisos para quedarmos tranquilos’. Dous días despois,  Carlos Pereira Dopazo e a Mª Isabel Bandín Matos tratarán neste foro o potencial epidémico do virus COVID-19.

O profesor do Departamento de Dereito Público Especial e de Empresa César García Novoa ofrecerá o 28 de abril neste foro o relatorio titulado ‘Medidas fiscais fronte á crise do coronavirus’. Asemade, Alba Nogueira, profesora do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado da USC, impartirá o 5 de maio a videoconferencia titulada ‘Dereito público e COVID-19. A saúde dos dereitos’.

Alén das sesións xa programadas, este ciclo, que está aberto á participación de expertos en diversas áreas temáticas, pretende servir de foro de análise e debate sobre cuestións relacionadas cos eidos da educación, cultura, economía, sistema de saúde, relacións sociais, política ou bioseguridade, entre outros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies