займ срочно

Uxio Pampín do Oroso  TM entre os 8 mellores do Torneo Ibérico

0

Oroso, 11 de xuño do 2019 – O xogador do Oroso  TM Uxío Pampín participou coa Selección Galega Alevín de Tenis de Mesa esta fin de semana no Torneo Ibérico 2019.

O Torneo Ibérico reuniu a algúns dos mellores xogadores de España e Portugal na localidade portuguesa de Vila Real. Durante todo a  fin de semana disputáronse as probas de equipo e individuais onde participaron tamén as seleccións de Andalucía, Castela a Mancha, e Castela e León representando a España, e  Madeira,  Leiria, Vila Real e Aveiro pola parte lusa. Xunto con Uxío Pampín formaron o equipo galego os xogadores Brais Rodríguez de Narón e  Xavi Souto de Santiago.

Na proba de equipos o conxunto galego finalizou 7º, mentres que na proba individual Uxío pasou a primeira fase gañando todos os seus partidos, clasificándose para o cadro final, onde caería en cuartos  de final ante o andaluz Miguel Cabezas. Finalizando así entre os 8 mellores xogadores do Torneo.

Unha boa ocasión para o xogador da canteira do Oroso  TM para gañar experiencia internacional e, ao mesmo tempo, prepararse para a importante cita que terá en pouco máis dunha semana en terras catalás, onde durante 12 días medirase contra os mellores xogadores españois no Campionato de España 2019 xunto ao resto dos xogadores do Oroso  TM.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies