займ срочно

V Festa do Comercio no Ensanche de Compostela

0

Compostela, 11 de maio do 2019 – O Ensanche de Compostela encherase de actividade ao longo de este sábado coa celebración da V Festa do Comercio que promove Santiago Centro en colaboración con EmRede.

En esta Festa do Comercio participan medio cento de establecementos da zona nova saíndo ás rúas con ofertas de actividades, promocións, descontos, zonas outlet ou convites para os seus clientes. Nesta quinta edición da promoción especial de primavera os establecementos ofrecerán os mellores prezos e propostas durante toda a xornada. Os clientes poderán realizar as súas compras gozando de descontos que van do 5 ao 70% en produtos seleccionados e de temporada, ademais de actividades lúdicas para público infantil, agasallos e animación.

Os comercios implicados na acción, así coma o resto dos asociados de Santiago Centro e de EmRede, entregarán aos clientes como regalo un póster exclusivo e de gran formato deseñado pola artista Lúa Gándara, cunha visión moi completa e particular do Ensanche compostelán.

O listado completo de accións pode consultarse nas redes sociais e a páxina web de Santiago Centro.

O sábado de compras coincide ademais coa campaña especial de escaparatismo de primavera iniciada o pasado día 7, na que participan preto de vinte comercios da zona. Trátase da primeira experiencia deste tipo que se leva a cabo en Santiago, coa que se pretende promocionar a creatividade nos escaparates, diferenciar o comercio retallista e lograr un novo motivo para pasear e facer as compras no Ensanche. Os comerciantes decoraron as súas fachadas e escaparates con motivos florais e vexetais para celebrar a estación, empregando diversos materiais en creacións orixinais. A iniciativa acompáñase dunha campaña de dinamización en redes sociais. O público pode votar o seu escaparate favorito en Facebook, e conseguir así un dos 36 premios que se sortearán a vindeira semana entre os participantes.

A campaña de primavera continúa a vindeira semana, coincidindo coas Letras Galegas, cando os escaparates incorporarán frases do antropólogo e escritor Antón Fraguas, rotuladas por 4 artistas emerxentes, Lúa Gándara, María Meijide, Santi Jiménez e Haya Blanco.

Organizada por Santiago Centro coa colaboración da Rede de Iniciativas Empresarias Em‐Rede, a Festa do Comercio conta co patrocinio do Concello de Santiago e da Xunta de Galicia. É xa a segunda iniciativa que Santiago Centro e EmRede realizan de modo conxunto, nun intento de potenciar o comercio retallista do Ensanche e dar valor ao seu papel como axente dinamizador dos barrios e das cidades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies