займ срочно

Vagalumes lembra a Antón Fraguas con múltiples actos

0

A Estrada, 14 de maio do 2019 – A Asociación Cultural Vagalumes quere lembrar a figura de Antonio Fraguas, con motivo do día das letras galegas, e pola enorme vinculación co pobo da Estrada.

Fraguas foi profesor no concello e desde Vagalumes explican que “temos unha enorme débeda con el que transcende a súa obra e que ten que ver coa súa presenza no noso concello en anos decisivos e que deixou unha profunda pegada no seu alumnado”.

Programación

A primeira das actividades programadas será ese mesmo xoves as oito e medida da tarde coa proxección do documental “A derradeira lección do mestre” que trata sobre a historia do ensino na Estrada, prestando tamén atención ao seu labor como profesor do Instituto e as consecuencias que para el tivo o seu compromiso político co nacionalismo galego. Esta proxección levarase a cabo nos Minicines Central. A entrada será libre e gratuíta por xenerosidade da empresa e a asociación quere mostrar o seu agradecemento.

O mesmo Día das Letras Galegas, este venres 17, organizan un roteiro seguindo os pasos de Fraguas. A partir das 5 da tarde desde a mámoa do Arnado, seguindo pola “carreteira da pistola”, ponte de Leira até o Castro de Ribela que no seu día fora escavado, xunto cos seus alumnos, por Antonio Fraguas. O roteiro ten menos de catro quilómetros pero servirá para lembrar as actividades e o contexto da presenza de Antonio Fraguas no concello.

Ese mesmo días as oito e media da tarde no MOME presentarase o especial do Sermos Galiza dedicado a Antonio Fraguas a cargo do seu coordinador, o profesor Manuel Vilar, secretario do Museo do Pobo Galego. Prestarase atención á pegada de Fraguas no concello e servirá para pechar as actividades de Vagalumes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies