Un vídeo do colectivo Vagalumes desvela o mal estado da Torre de Guimarei na Estrada

0

A Estrada, 18 de xullo do 2017 – O BNG de A Estrada reclama que se actúe de inmediato para recuperar o Pazo e a Torre de Guimarei despois de facerse público un vídeo do colectivo Vagalumes.

A asociación cultural Vagalumes puxo en circulación esta pasada fin de semana  un vídeo áreo da Torre de Guimarei e o Pazo conlindante. O resultado conseguido por Vagalumes reflicte unha estrutura histórica e patrimonial de enorme potencialidade cuxa posta en valor redundaría en beneficio para o concello según o BNG.

O vídeo de Vagalumes

O vídeo de Vagalumes mostra tamén o estado de abandono no que se atopa a Torre e o Pazo de Guimarei, que ameaza o mantemento da estrutura de ambos os dous elementos patrimoniais. O BNG explica que pode apreciarse claramente un loureiro que medra na cima da torre, así como todo tipo de herbas e silvas que ocupan a práctica totalidade do tellado do pazo, onde se ven claramente fendas no teito.

O BNG insta ao goberno municipal do PP a que tome como primeira medida que o propietario limpe ambas as dúas estruturas, especialmente a Torre, que foi declarada Ben de Interese Cultural en 1949, para impedir o derrube e o deterioro de ambos. Por outra parte os nacionalistas piden ao goberno municipal que se mobilice para recuperar para o patrimonio público ambas estruturas, con fin de poñelo en valor e potencialo a curto prazo. Según o BNG o PP non pode escudarse en que non hai cartos para seguir mantendo na silveira a Torre e o Pazo, cómpre implicar a todas as administracións para salvar o patrimonio.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies