Vaiá Praza, lecer e gastronomía no mercado de Ordes

0

Ordes, 9 de novembro do 2017 – Vaiá praza é o nome da última iniciativa gastro-lúdica que dende o vindeiro martes, día 14, ata o 25  de novembro terá lugar na Praza de Abastos de Ordes.

Hoxe sábado quen queira poderá achegarse dende o mediodía para desfrutar dos petiscos e de todo o que se ofrecerá na denominada sesión beermú. Unha vez máis a innovación á hora de confeccionar tapas nunca vistas será o que marque a pauta. Pola noite os fogóns volverán prenderse para Moncho Bargo, Carlos Barreira e Tito Fernández. Nomes referentes no panorama gastronómico e no eido da restauración, e integrantes de equipos e establecementos de vangarda como Grupo Nove, CociñaCoruña ou NH Hotel Finisterre. ESO Chickes; Din Sum orella de porco con migas de sofrito ou rabo en taco con coandro, aguacates e cebola envinagrada serán algunhas das tapas que figuren na carta.

O programa desenvolverase de martes a sábado en horario de mañá e tarde. Neste tempo ademais de poder facer a compra do día calquera persoa poderá converter a Praza de Abastos na súa taberna particular,  onde non faltarán toda unha serie de alicientes e novidades. Ademais da degustación de tapas, algunhas delas de maneira gratuíta, haberá unha grande exposición e venda de produtos das hortas locais, ademais de queixos e lácteos, turróns, cogomelos, pans, bolos ou ovos de Mos entre outros moitos.

Durante as tardes desenvolveranse os chamados after works, onde os produtos estrela serán os petiscos que de xeito artesanal e primando os produtos autóctonos da zona serán os máximos protagonistas. Neste aspecto cómpre salientar a posta en marcha de iniciativas conxuntas cos locais do pobo os venres. Durante as fins de semana a voz de mando nos fogóns será a dos cociñeiros locais. Música ambiente en vivo; DJ Sessions; master classes; demostracións; catas de produtos locais, viños e queixos e outras sorpresas serán outros dos atractivos para acudir a este novo escenario para tomar algo.  Ademais tamén están previstas actividades lúdicas para nenos e nenas.

Os sábados pola noite terán lugar as sesións vermú. Nelas xa teñen confirmada a súa participación cociñeiros de vangarda pertencentes a  Grupo Nove, CocinaCoruña, Hotel Finisterre etc.

Vaiá Praza está organizada por diversos hostaleiros da zona e conta coa colaboración do Concello de Ordes e da Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES).

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies