займ срочно

Vaivén circo achega a Compostela a montaxe DES-HABITAT

0

Compostela, 19 de outubro do 2018 – O programa Platea trae a Compostela a compañía Vaivén co seu espectáculo DES-HABITAT.

Platea é o Programa Estatal de Circulación de Espectáculos de Artes Escénicas en Espacios das Entidades Locais, organizado polo INAEM en colaboración coa FEMP (Federación Española de Municipios y Provincias). Neste que será o seu cuarto espectáculo DES-HÁBITAT, a compañía Vaivén Circo quere achegar ao público a un mundo diferente, cunha estética especial, facer que durante a hora que dura o espectáculo todo o mundo queira estar dentro do mesmo.

DES-HÁBITAT é o encontro de catro sobreviventes. Como facer habitable o inhóspito, como atopar harmonía no hostil. Catro personaxes en busca dun espazo vital. Espectáculo xestual, de coreografías circenses, que nos fala desde a acrobacia, a danza, con chiscadelas ao flamenco. En definitiva unha historia contada desde o movemento. DES-HÁBITAT fálanos do lugar onde nunca pasa nada, pero onde queremos estar, ese sitio que nos fai sentir ben e que nos acolle, ás veces dános unha de cal e outras una de area pero sempre nos dá, sempre nos achega.

Uns personaxes que queren tranquilidade, que mostran a súa paz, que cooperan para conseguila pero, como normalmente ocorre nas relacións humanas, xorden rifas que se han de superar, sempre con humor, con poesía, con circo, nun ambiente que nos transportará a un mundo cheo de matices.

O espectáculo terá lugar este sábado no Teatro Principal, as seis e media da tarde, a un prezo de 4 euros e cun bono familiar de 4 entradas por 12 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies