O Val das Mouras tocará hoxe na Casa Museo de Rosalía

0

Padrón, 15 de agosto do 2017 – A Casa-Museo Rosalía de Castro acolle hoxe mércores 16 de agosto un concerto de O Val das Mouras, o grupo catalán que publicou hai dous anos un disco titulado ‘Rosalía’ e que está a piques de sacar do prelo outro novo tamén dedicado á escritora padronesa, ‘A xustiza pola man’

O Val das Mouras é unha formación celta-folc catalana que basea a súa proposta musical na obra poética de Rosalía de Castro, concretamente no seu libro ‘Follas novas’. A banda, que comparte nome cun lexendario bosque galego, convídanos a iniciar unha viaxe atrás nos tempos cara a un lugar afastado a través de profundas melodías e harmonizando os versos que van retratar á muller galega, aos emigrantes, aos mariñeiros e aos vilegos…

‘Rosalía’ é o seu primeiro disco. Once cancións que se afunden na terra como raíces, que destilan chuvia e mar, que bailan ao son das campás lonxanas azoutadas polo nordés. Once pedras centenarias, once murmullos, once olladas sinceras.

O concerto de Padrón é o segundo da súa xira. Hoxe estarán en Arteixo, hoxe en Padrón, mañá xoves 17 en Compostela, o 18 en Vilar de Santos e o 19 no Festival do Castro en Ferreira do Pantón (Lugo)

A banda de Hospitalet de Llobregat son: Laura Lorenzo (voz), Joana Marcè (frauta),  David Fernández (guitarra), Àlex Rodríguez (violoncelo) e Carles Mesa (percusión).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial