займ срочно

Val do Dubra aproba a RPT e o primeiro convenio colectivo da súa historia

0

Val do Dubra, 21 de setembro do 2018 – O pleno de Val do Dubra aprobou onte, cos votos a favor do equipo do goberno e a abstención do resto dos grupos, a primeira Relación de Postos de Traballo, RPT, e o primeiro convenio colectivo dos traballadores do concello.

O alcalde Antonio Negreira, Son de Val do Dubra – ANOVA, explicaba na exposición as dificultades que se deron para conseguir esta RPT e que foron principalmente a falta de persoal, a chegada hai dous meses dunha nova secretaria puido por fin desbloquear un documento no que se traballaba casi desde principio da lexislatura. Tanto PP como Terra Galega e Independentes por Dubra optaron pola abstención sen acabar de explicar os motivos para non dar un voto afirmativo; os tres grupos insistiron ademais que se manterían vixiantes durante o período de alegacións por si alguén se opoñía ao documento.

O único punto que motivou algunha explicación foi a desaparición da praza destinada a normalización lingüística. O alcalde explicou que a persoa que facía esas labores as compaxinaba con traballo administrativo na secretaría do concello, algo imposible de manter dentro da legalidade. Antonio Negreira recordou que ningún concello de menos de 5.000 habitantes ten unha persoa exclusiva para normalización e que, polas necesidades de funcionamento do concello, optouse por que o posto que se incluíra na relación fora o de administrativo. O rexedor tamén dixo que xa se está falando con Negreira e A Baña para que o concello se integre no servizo de normalización que atende a ambos concellos.

Ao remata da sesión o alcalde Antonio Negreira expresaba a súa ledicia por un traballo ben feito e consideraba a data un día moi importante para os veciños

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies