Descubrindo o Castelo de Portomeiro en Val do Dubra

0

Val do Dubra, 3 de xuño do 2020 – Esta semana comezaron as escavacións para descubrir pouco a pouco os restos do Castelo de Portomeiro, no concello de Val do Dubra.

Un equipo de arqueólogos da USC traballan en esta intervención que busca documentar este xacemento do que existe coñecemento desde hai moitos anos. Os especialistas pertencen ao grupo Síncrisis da Facultade de Xeografía e Historia  e están dirixidos por Mario Fernández-Pereiro e Jose Carlos Sánchez-Pardo e en colaboración coa empresa ‘Tempos Arqueólogos’.

Descubrindo o Castelo de Portomeiro en Val do DubraLindeiros falou con Mario Fernández para coñecer un pouco máis sobre esta parte do noso patrimonio e o que podemos esperar del. Comezamos por saber a que época pertence

Os primeiros días estanse centrando na limpeza pero xa se poden avanzar algunhas conclusións sobre as dimensións e as estancias da edificación

O xacemento atópase nunha finca privada polo que o equipo de goberno anterior, do que era alcalde Antonio Negreira, mostrou a súa intención de mercala e apoiar o estudo do lugar. Co cambio de goberno e a crise do Coronavirus todo quedou en suspenso

Do Imperio Romano ao Reino Suevo

Esta intervención englóbase dentro dunha investigación centrada en estudar como se desenvolveu a transición entre a fin do Imperio Romano e a creación do Reino Suevo. “Unha época descoñecida” afirma Jose Carlos Sánchez-Pardo, “mais será aquí cando se colocaron os alicerces da evolución social, política e económica deste territorio durante a Idade Media até os nosos días.” Este mesmo equipo traballou no xacemento do Faro de Budiño (O Porriño, Pontevedra) no ano 2018, con resultados moi positivos. “Conseguimos documentar dúas fases diferenciadas de ocupación e novos datos sobre a produción cerámica altomedieval galega” comenta Mario Fernández-Pereiro, “esperamos conseguir algo parecido nesta nova intervención”.

A maiores de documentar o xacemento de Val do Dubra, esta intervención busca pór novamente o foco sobre o xacemento, moi maltratado por unha canteira e plantacións de eucalipto e os seus correspondentes incendios, sendo o máis grave o de Outubro do 2017.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial