Val do Dubra vai pechando a programación de Nadal

0

Val do Dubra, 15 de decembro do 2018 – O concello de Val do Dubra vai pechando pouco a pouco a programación de Nadal na que atopamos desde música a circo ou monólogos.

Aínda con cousas por pechar o concello avanza xa a presenza de Xosé Touriñán que pasará polo auditorio de Bembibre para falar de Manolo Lojo e as súas desventuras. O Nadal e tempo de cativos é unha das pezas máis características de esta época é o  Crebanoces de Tchaikowsky que poderase ver cos Títeres de Larraitz Urruzola. A parte máis musical queda reservada para a percusión de Odaiko e os cantos de taberna de Tundal. O circo será o que poña fin á programación nunha data tan especial como o 5 de xaneiro, Circo Chosco estará no pavillón municipal para levar alegría e bos momentos aos cativos do concello.

A continuación tedes máis información das actividades

  • 21:00 h Auditorio de Bembibre
    Xosé A. Touriñán presenta o espectáculo “Monólogo de Xosé A. Touriñán”
    Logo de anos e anos contando a historia da súa vida, Manolo Lojo decide agora poñer o punto e final á serie de conferencias polos escenarios de todo o país lembrando ao público que todo pode ir a peor. A súa tráxica historia acabou por ser un curioso relato sobre como superar calquera tipo de dificultade. Un nacemento prematuro, o falecemento de todos os seus irmáns ou a chegada dun tío cun algúns problemas desde a Arxentina foron algúns dos que tivo que enfrontar Manolo. Decenas de milleiros de persoas coñeceron nestes últimos dez anos a historia dun home ao que moitos chegaron a coller verdadeiro cariño. Agora prepara as súas últimas conferencias, antes de retirarse a descansar coa tranquilidade do deber cumprido.
  • 18:00 h. Auditorio de Bembibre
    Larraitz Urruzola presenta o espectáculo “O crebanoces”
    O Crebanoces é un espectáculo inspirado no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela. O padriño Drosselmeier vainos contar a historia do xoguete que acaba de traer neste Nadal para os seus sobriños, un boneco crebanoces que se enfrontará á Raíña dos Ratos e transportarános ao mundo dos contos, onde escoitaremos a suite completa do Crebanoces de Tchaikovsky.
    Autor, son e iluminación: Santi Prego. Dirección: Eduado R. Cunha. Actriz manipuladora: Larraitz Urruzola. Xénero: Monicreques e teatro actoral. Vestiario: Carlos Alonso.
  • 18:00 h. Auditorio de Bembibre
    Odaiko familiar: “Cousas de catro”
    Instrumentos do mundo da percusión contemporánea, elementos de nova creación, comicidade nas olladas e o xogo co efecto sorpresa son a base deste espectáculo. Catro son os elementos que definen este concerto didáctico que busca que o enxeño se retroalimente e evolucione, e que o camiño da creación continúe espertando.
    4 de xaneiro a noitiña
    Tundal Cantos de Nadal
    Este nome sonoro serve para denominar un grupo de músicos que baixo o tundal do idioma e da música tradicional, alí onde sexa chamado fará música de rúa, tanto instrumental como cantada e que levará sempre no seu repertorio cantares de cego, romances, cantigas e pezas para seren bailadas. Xosé L. Ansemil (percusión e voz), Antón Castro (mandolina, zanfona e voz), Manolo Darriba (acordeón e voz), Miguel A. Díaz (clarinete e voz), Xan Fuertes (violín e voz) e Pedro Lucas (gaita, frautas e voz).
  • Tundal Cantos de Nadal , a noitiña nas tabernas de Bembibre
    Este nome sonoro serve para denominar un grupo de músicos que baixo o tundal do idioma e da música tradicional, alí onde sexa chamado fará música de rúa, tanto instrumental como cantada e que levará sempre no seu repertorio cantares de cego, romances, cantigas e pezas para seren bailadas. Xosé L. Ansemil (percusión e voz), Antón Castro (mandolina, zanfona e voz), Manolo Darriba (acordeón e voz), Miguel A. Díaz (clarinete e voz), Xan Fuertes (violín e voz) e Pedro Lucas (gaita, frautas e voz).
  • 17:00 h. Pavillón Municipal
    O circo chosco: “Chosco!”
    Chosco é un espectáculo case sen fala e para todo tipo de público, que ten como resultado unha obra cómica con acrobacia, malabar e técnicas de portés e equilibrios na que o público se unirá aos artistas na emoción e no riso

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial